Valdoviño é, sen lugar a dúbida, un destino para os amantes dos deportes.
Praias de mar
aberto, cantís, unha lagoa costeira, un encoro... 100% Turismo Activo.
Valdoviño é, sen lugar a dúbida, un destino de luxo en Ferrolterra para as persoas amantes do mar e dos deportes acuáticos. Un escenario perfecto en Ferrolterra para o lecer activo, aberto durante todo o ano. Aquí a forza do Pantín Classic déixase sentir. E o surf consagrouse, sen discusión, como o deporte estrela. Pero as posibilidades para gozar de actividades en contacto coa natureza non se esgotan nin moito menos nesta disciplina en continuo crecemento. Aí van algunhas opcións…
Surf
Quen ía dicir a finais do século XX que a imaxe de centos de surfistas batallando por coller a mellor onda ía converterse en habitual das praias de Valdoviño… pois así é. Non hai dúbida de que o surf segue en pleno auxe en Ferrolterra. E para aprender a cabalgar as ondas, e facelo de forma segura, nada mellor que iniciarse ou perfeccionar a túa técnica que contactar con calquera dos surf camp que hai en Valdoviño. Unha oferta cada vez máis ampla.
Vela e piragüismo
Os amantes da vela, do piragüismo e o remo teñen o seu lugar no encoro que abastece a boa parte de Ferrolterra. O Club Náutico “As Forcadas” dispón neste lugar de instalacións para a estiba de embarcacións e un pantalán de acceso ao encoro desde a parroquia de Vilaboa.
Nas tranquilas augas deste pantano, apreciado tamén polo seu interese ornitolóxico, desenvólvense anualmente en período estival cursos de iniciación á vela lixeira e de piragüismo. Coñece as actividades programadas no «mar interior» da localidade.
Fala có Club Náutico atraves do correo: csrgrana@hotmail.com
Pesca deportiva
Pero hai máis. Os afeccionados á pesca recreativa teñen variedade de espazos para gozar desta práctica en Valdoviño. Ademais de nas praias e nas abundantes zonas acantiladas dos seu 25 Kms de costa, está permitido pescar nas ribeiras e encoro das Forcadas (troita, carpa e cangrexo americano), sempre de acordo ás limitacións impostas pola Consellería de Medio Ambiente, e tamén na lagoa da Frouxeira. Neste espazo protexido, está autorizada durante todo o ano a pesca de peixes de esteiro. Entidades como o Club O Rodaballo, radicado en Meirás, ofrece cursos de iniciación.
Paintball
Exercicio ao aire libre, contacto coa natureza, estratexia e, por riba de todo, diversión. Son só algúns dos ingredientes do paintball, un deporte de equipos, perfecto para descargar adrenalina e reducir o estrés. Unha alternativa que ofrece en Valdoviño, Paintball A Lagoa. O campo de batalla desta guerra de equipos é unha parcela duns 4.000 metros cadrados en Lago, repleta de obstáculos e fortes onde esconderse para abater, con disparos de inofensivas bolas de pintura, ao inimigo. Unha proposta para todos os públicos.
Rutas a cabalo
O centro ecuestre Cabaliño do Lago proponnos descubrir a contorna natural de Valdoviño a través do seu programa de rutas a cabalo. En función do noso tempo e experiencia como xinetes e amazonas, contan con diferentes itinerarios cunha duración que oscila entre a media hora e a media xornada e uns traxectos curtos polo paseo da Lagoa; de media distancia ata A Lóngara (Lago); algo máis alonxados pola Senda das Ondas e, finalmente, os percorridos ata o Faro de Meirás. Calendario e horario fíxanse a demanda. Así mesmo, ofertan campamentos para nenos e nenas nas súas instalacións, situadas ao pé da lagoa da Frouxeira.
Para outros plans...
De Praia
As praias son, sen dúbida, a xoia da coroa do turismo de Valdoviño. 25 km de Atlántico. Unha costa chea de calas, cun puñado de areais de auténtico luxo para todos os gustos.
De Ruta
Hai mil e unha posibilidades. E cada cal mellor. Nada como calzarse unhas botas e deixarse levar pola beleza dunha ruta para entrar en contacto coa natureza… para sentir Valdoviño.
Birding
O birding está de moda. Se che gusta a natureza, Valdoviño ofréceche un dos mellores lugares de Galicia para a observación de aves: a lagoa e o areal da Frouxeira.
Turismo Activo
Praias de mar aberto, unha lagoa costeira, un encoro...Valdoviño é, sen lugar a dúbidas, un destino perfecto para as persoas que gozan dos deportes náuticos, aínda que as posibilidades que oferta para divertise son moitas máis.
Xeoturismo
As persoas afeccionadas á xeoloxía teñen no litoral de Valdoviño unha visita obrigada. O municipio presenta unha sucesión de puntos de interese para coñecer con era esta terra millóns de anos atrás.
De Festa
O calendario festivo de Valdoviño, máis alá de festexos parroquias, presenta toda una serie de eventos culturais, gastronómicos e deportivos que non te pode perder.
Grandes Miradores
Un plan que nunca falla. Colle a bici ou o coche e percorre todos eses lugares estratéxicos que permiten gozar das mellores panorámicas. Un itinerario para o que cómpre a cámara de fotos.