O birding está de moda. Se che gusta a natureza, Valdoviño ofréceche un dos mellores lugares.

Un dos mellores lugares de Galicia para a observación de aves: a lagoa e o areal da Frouxeira.

Birding na Frouxeira.

Colle uns prismáticos, desempoa o teu caderno de notas e faite cunha guía (ou app especializada) que che axude a descubrir as especies que tes ante os teus ollos. Se te animas a gozar desta experiencia, propoñémosche tres lugares para iniciarte. A ver cantas especies de aves es quen de identificar...

A LAGOA E O AREAL DA FROUXEIRA

Constitúen o enclave de maior interese ambiental e turístico.

DENDE OS ANOS NOVENTA É UNHA

Zona de Especial Protección de Aves e Humidal de Importancia Internacional.

CONTA CON HÁBITATS ADECUADOS PARA O

Descanso e a cría durante os pasos de primavera e outono.

Especialmente importante pola presenza de especies de aves migratorias e sedentarias.

A lagoa e o areal da Frouxeira constitúe o enclave de maior interese ambiental e turístico de Valdoviño. A cantidade e variedade de hábitats que se atopan neste humidal protexido (areal, sistema de dunas, lago, vexetación palustre e pequenos bosques húmidos) fan que este espazo litoral sexa especialmente importante pola presenza de especies de aves migratorias e sedentarias.

Esta relevancia desde o punto de vista ornitolóxico levou a que o conxunto ambiental, incluído na Rede Natura 2000, estea declarado ademais desde os anos noventa como Zona de Especial Protección de Aves e Humidal de Importancia Internacional (Convenio Ramsar).

Enclaves do birding en Valdoviño.

A Frouxeira conta con hábitats adecuados para o descanso e a cría.

A Frouxeira conta con hábitats adecuados para o descanso e a cría durante os pasos de primavera e outono. Os censos efectuados arroxan poboacións invernantes que oscilan entre 750 e máis de 2.200 individuos, predominando os láridos (gaivotas), seguido de limícolas e anátidos.

Ademais, alberga a única poboación nidificante estable en Galicia de pato frisado, así como  paseriformes- paxaros cantores- no bosque de ribeira e  canaveiras. O paseo de terra que percorre a beira oriental da lagoa, e que conta cun observatorio e paneis interpretativos, é tan só unha das múltiples posibilidades para descubrir este enclave, un dos de maior interese ambiental do territorio galego.

Enclaves alternativos.

Con todo, hai outros puntos en Valdoviño aos que te podes achegar para gozar dunha xornada de observación de aves. É o caso do areal e o canaveiral de Pantín, boa opción para observar láridos, paseriformes e aves mariñas, e tamén o encoro das Forcadas e a súa contorna, entre as parroquias de Vilaboa e de Loira, no que destaca a presenza de anátidos, mergullón común e galiñola negra. No outono e inverno, neste pantano é habitual tamén avistar aguias pescadoras.

Cando vir?

Sempre é bo momento… Con todo, no mes de marzo, época de paso de aves migratorias, pódense atopar puntualmente grandes concentracións de limícolas. E durante o outono, a zona énchese de aves mariñas invernantes, que chegan a Galicia desde o duro inverno do norte de Europa.

Roteiros de birding.

Turgalicia recomenda dous itinerarios para a observación de aves en Valdoviño. O primeiro percorrido, a pé ou en bicicleta, bordea a lagoa da Frouxeira, “a xoia da coroa” de Ferrolterra para os afeccionados ao birding. O segundo, bastante máis amplo, require o coche e abarca desde o faro de Punta Frouxeira ata o encoro das Forcadas.

Para outros plans...

De Praia

As praias son, sen dúbida, a xoia da coroa do turismo de Valdoviño. 25 km de Atlántico. Unha costa chea de calas, cun puñado de areais de auténtico luxo para todos os gustos.

De Ruta

Hai mil e unha posibilidades. E cada cal mellor. Nada como calzarse unhas botas e deixarse levar pola beleza dunha ruta para entrar en contacto coa natureza… para sentir Valdoviño.

Birding

O birding está de moda. Se che gusta a natureza, Valdoviño ofréceche un dos mellores lugares de Galicia para a observación de aves: a lagoa e o areal da Frouxeira.

Turismo Activo

Praias de mar aberto, unha lagoa costeira, un encoro...Valdoviño é, sen lugar a dúbidas, un destino perfecto para as persoas que gozan dos deportes náuticos, aínda que as posibilidades que oferta para divertise son moitas máis.

Xeoturismo

As persoas afeccionadas á xeoloxía teñen no litoral de Valdoviño unha visita obrigada. O municipio presenta unha sucesión de puntos de interese para coñecer con era esta terra millóns de anos atrás.

De Festa

O calendario festivo de Valdoviño, máis alá de festexos parroquias, presenta toda una serie de eventos culturais, gastronómicos e deportivos que non te pode perder.

Grandes Miradores

Un plan que nunca falla. Colle a bici ou o coche e percorre todos eses lugares estratéxicos que permiten gozar das mellores panorámicas. Un itinerario para o que cómpre a cámara de fotos.