Hai mil e unha posibilidades. E cada cal mellor.

Nada como calzarse unhas botas e deixarse levar pola beleza dunha ruta para entrar en contacto coa natureza… para sentir Valdoviño.

Goza ao máximo da contorna, á vez que queimas calorías e te desestresas.

Senda das Ondas

Un percorrido de preto de 20 quilómetros para descubrir os principais atractivos turísticos de Valdoviño, co surf como elemento central do relato.

Pantín - Meirás

Senda da Lagoa da Frouxeira

Percorrido lineal e chairo de apenas 2,4 km entre a praia pequena da Frouxeira e as proximidades da AC-116.

Valdoviño - Lago

Ruta ata Punta Chirlateira

Itinerario pola costa norte de Valdoviño con saída desde a praia do Baleo. O percorrido, que coincide en parte co da Senda das Ondas, segue a pista asfaltada situada na entrada do aparcadoiro do areal.

Pantín - Pantín

Imprescindibles da nosa franxa litoral

A costa de Valdoviño é un auténtico agasallo para os sentidos. Imprescindible para calquera que ame a natureza no seu estado máis salvaxe.

Meirás

Senda litoral Costa Ártabra

Xunto á praia de Campelo, coñecida polos seus impresionantes bolos e as súas bondades para o surf, arrinca o camiño pola Costa Ártabra que conduce ata a ferrolá praia de Santa Comba.

Meirás - Ferrol

Ruta ata o Alto da Vela

Percorrido lineal de ascenso ata o Alto de Campelo. O itinerario permitirá achegarse ás ruínas das baterías militares que desde Valdoviño protexían outrora a Base Naval de Ferrol.

Meirás - Meirás

Camiño a San Andrés

A San Andrés de Teixido irá de morto o que non foi de vivo. E, quizais esa promesa que Cristo lle fixo ao Apóstolo, influíse para que este máxico lugar se convertese nun dos maiores centros de peregrinación de toda España.

Valdoviño - Vilarrube

Mil e unha posibilidades de sendas

Propoñémosche algunhas sendas que poderás facer sen necesidade algunha de ser súper atleta… percorridos de dificultade baixa ou media, aptos para case todos os públicos, que che permitirán descubrir con calma este pequeno paraíso na costa de Ferrolterra. Unha alternativa perfecta para gozar ao máximo da contorna, á vez que queimas calorías e te desestresas.