As persoas afeccionadas á xeoloxía teñen no litoral de Valdoviño unha visita obrigada.

Xeoturismo Valdoviño.

A costa do municipio que, xunto a outras seis localidades forma parte do Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal, presenta unha rechamante sucesión de puntos de interese xeomorfolóxico e máis paisaxístico. Elementos que desvelan como cambiou o planeta nos últimos millóns de anos, á vez que permiten avanzar teorías sobre o futuro.

A praia de Campelo.

Sen ir máis lonxe, a praia de Campelo constitúe «un bo lugar para ver a falla das Pontes-Pedroso que estivo activa ata fai menos de 20 millóns de anos», segundo recolle o Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal. E este sería tan só un dos tesouros xeolóxicos que esconde a costa valdoviñesa.

Península do Portiño.

Así, na zona da Península do Portiño, ademais do afloramento de rochas subvolcánicas, pódense observar os restos das antigas minas de arsénico, explotadas no primeiro terzo do século XX. E seguindo en dirección norte, hai que deterse no sistema de dunas da praia da Frouxeira, composto por unha gran cantidade de dunas móbiles e activas, e outras fixadas pola vexetación, e mais na súa lagoa costeira, «orixinada nun pequeno golfo que se foi pechando como consecuencia do crecemento dunha barra litoral areosa».

Falla de Valdoviño.

De camiño a Pantín, atópanse importantes estruturas xeolóxicas, como a Falla de Valdoviño, que se estende ata Monforte de Lemos, e os materiais do chamado Complexo de Cabo Ortegal que, son rochas que formaban parte dun antigo océano e que habitualmente non aparecen na superficie da Terra.

Tras a praia do Rodo, en Pantín.

Ademais de vestixios de vulcanismo explosivo, merece toda a atención a antiga lagoa, unha área asolagada que na actualidade atópase cuberta de sedimentos e vexetación. E no estuario do río das Mestas, na praia de Vilarrube, consérvase unha antiga parede vertical correspondente a un antigo cantil, hoxe ocupado polo cordón de dunas. En definitiva, toda unha experiencia.

Para outros plans...

De Praia

As praias son, sen dúbida, a xoia da coroa do turismo de Valdoviño. 25 km de Atlántico. Unha costa chea de calas, cun puñado de areais de auténtico luxo para todos os gustos.

De Ruta

Hai mil e unha posibilidades. E cada cal mellor. Nada como calzarse unhas botas e deixarse levar pola beleza dunha ruta para entrar en contacto coa natureza… para sentir Valdoviño.

Birding

O birding está de moda. Se che gusta a natureza, Valdoviño ofréceche un dos mellores lugares de Galicia para a observación de aves: a lagoa e o areal da Frouxeira.

Turismo Activo

Praias de mar aberto, unha lagoa costeira, un encoro...Valdoviño é, sen lugar a dúbidas, un destino perfecto para as persoas que gozan dos deportes náuticos, aínda que as posibilidades que oferta para divertise son moitas máis.

Xeoturismo

As persoas afeccionadas á xeoloxía teñen no litoral de Valdoviño unha visita obrigada. O municipio presenta unha sucesión de puntos de interese para coñecer con era esta terra millóns de anos atrás.

De Festa

O calendario festivo de Valdoviño, máis alá de festexos parroquias, presenta toda una serie de eventos culturais, gastronómicos e deportivos que non te pode perder.

Grandes Miradores

Un plan que nunca falla. Colle a bici ou o coche e percorre todos eses lugares estratéxicos que permiten gozar das mellores panorámicas. Un itinerario para o que cómpre a cámara de fotos.