Acampada, bungalows, tendas glámping... todas as opcións a pé de praia.

Disfruta dos nosos campings de referencia.

Camping Valdoviño (1ª categoría)

Un dos cámpings máis veteranos da zona, con máis de medio século de antigüidade e, con todo, en proceso de renovación e mellora constante. Destacan os seus amplos e cómodos bungalós, toda unha experiencia.

Valdoviño

Camping A Lagoa (2ªcategoría)

Situado en pleno paseo da praia e lagoa da Frouxeira, un dos enclaves naturais de maior valor ecolóxico do Noroeste peninsular, as instalacións foron erguidas en 2019 con todo tipo de servizos e comodidades.

Valdoviño

Camping Fontesín (2ª categoría)

Quen goza da acampada ten, a pouco máis de 200 metros da praia do Río, en Meirás, unha boa alternativa. O cámping Fontesín, ofrece un plácido espazo para aloxarse.

Meirás