Sinte as nosas costas e paisaxes con diferentes plans e actividades.

Disfruta de diferentes postas de sol e diferentes paisaxes, Valdoviño ofreceche desde a posta de sol máis romántica e tranquila ata a actividade divertida para pasar as vacacións en pandilla.

De Praia

As praias son, sen dúbida, a xoia da coroa do turismo de Valdoviño. 25 km de Atlántico. Unha costa chea de calas, cun puñado de areais de auténtico luxo para todos os gustos.

De Ruta

Hai mil e unha posibilidades. E cada cal mellor. Nada como calzarse unhas botas e deixarse levar pola beleza dunha ruta para entrar en contacto coa natureza… para sentir Valdoviño.

Birding

O birding está de moda. Se che gusta a natureza, Valdoviño ofréceche un dos mellores lugares de Galicia para a observación de aves: a lagoa e o areal da Frouxeira.

Turismo Activo

Praias de mar aberto, unha lagoa costeira, un encoro...Valdoviño é, sen lugar a dúbidas, un destino perfecto para as persoas que gozan dos deportes náuticos, aínda que as posibilidades que oferta para divertise son moitas máis.

Xeoturismo

As persoas afeccionadas á xeoloxía teñen no litoral de Valdoviño unha visita obrigada. O municipio presenta unha sucesión de puntos de interese para coñecer con era esta terra millóns de anos atrás.

De Festa

O calendario festivo de Valdoviño, máis alá de festexos parroquias, presenta toda una serie de eventos culturais, gastronómicos e deportivos que non te pode perder.

Grandes Miradores

Un plan que nunca falla. Colle a bici ou o coche e percorre todos eses lugares estratéxicos que permiten gozar das mellores panorámicas. Un itinerario para o que cómpre a cámara de fotos.

Ociosol 2023

A actividade deportiva en Valdoviño concéntrase nos meses de verán no Ociosol.

Cursos de piscina

Os meses de verán tamén son meses de piscina. Temos toda unha programación de cursos de iniciación á natación, natación para bebés, aquagym e baño libre.