Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.

Desfruta das nosas cafeterías de referencia.

Café Bar Horizonte

Un dos establecementos clásicos do noso municipio, cun ambiente acolledor e un trato próximo e familiar. Destacan as súas extraordinarias vistas ao conxunto que forman o areal e lagoa da Frouxeira.

Valdoviño

Cafetería - Confitería Campeiras

Especialistas reposteiros, esta cafetería situada no corazón da Porta do Sol destaca pola súa ampla variedade en postres.

Valdoviño

Cafetería Somar

Este clásico establecemento, situado no corazón da Porta do Sol, reabría as súas portas en decembro de 2023.

Valdoviño

Clandestino Beach&Club

En pleno percorrido polo paseo de madeira que bordea a praia da Frouxeira, a escasos centímetros poderiamos mesmo tocar a súa area desde o Clandestino Beach&Club. Tanto a súa ampla terraza como o seu interior, acristalado dende o chan ata o teito, miran ao Atlántico. Hai mellor razón para gozar dun café ou dun viño nel, sexa inverno ou verán?

Valdoviño

El Tumbao

Unha das vistas máis extraordinarias e únicas da Frouxeira. En apenas tres anos de vida, converteuse nun dos mellores e máis exclusivos chiringuitos de praia de toda España.

Valdoviño

El Pescador

Ideal para madrugadores pola súa apertura temperá, en xornadas laborais a partir das 5 da mañá, e na fin de semana, dende as 7 horas. Un lugar moi recomendable para arrancar o día con enerxía.

Valdoviño

Pub O Garaxe

Un dos pubs emblemáticos de Valdoviño, cunha estética moi coidada e un ambiente inmellorable.

Valdoviño

A Roda

O hotel A Roda abre a súa cafetería ao conxunto das persoas que visitan Meirás e aos usuarios e usuarias da praia do Río, xunto á que se levanta. Ten unha terraza cuberta, con vistas a un dos grandes areais de Valdoviño, mirando de fronte á península do Portiño.

Meirás

Casa Marino

Este bar de toda a vida abre nova etapa tras unha completa posta ao día das súas instalacións, agora cun toque vintage e con tributo á propia historia do local, aberto a comezos dos anos 30.

Meirás

Cervecería Campo García

Situado en Taraza, nun punto de paso cara á praia do Río, esta cervexería, que conta cunha enorme terraza, é, sen dúbida, un dos locais máis frecuentados de Meirás.

Meirás

O Bichesco

Esta pequena vinoteca, aberta en 2008, e situada de camiño ás praias de Meirás, preséntase como unha alternativa ideal para tomar unha copa entre amigos e amigas antes de comer.

Meiras

Bar Cafetería Aqualón

Un clásico ao pé da praia de Pantín, escenario do mítico Pantín Classic, inspiración da coidada decoración do local. A cada milímetro respírase surf neste espazo.

Pantín

Café Bar Ramos

Un lugar único para gozar con tranquilidade dun bo café ou para tomar un bo viño.

Pantín

Cafetería A Torre do Lago

Cunha coidada e moderna estética, esta cafetería dispón de diversos espazos que conforman diferentes ambientes, tanto no interior como no seu exterior.

Lago

La Piruliña

Un alto na viaxe en Lago, de camiño ou de regreso á praia, para repoñer forzas. Poderás degustar un saboroso café ou tomar un bo viño, sempre acompañado dun petisco.

Lago

A Cepa

Esta cervexaría ten entre os veciños e veciñas da parroquia de Sequeiro a súa principal clientela. O seu emprazamento, na principal vía de comunicación de Valdoviño, fai que sexa tamén punto de parada de visitantes e persoas traballadoras.

Sequeiro

Café Bar O Coval

Unhas amplas instalacións cunha decoración coidada do máis enxebre, coa pedra á vista e lareira. Cunha ampla terraza. Situado nun ambiente tranquilo, en plena natureza.

O Coval

Bar La Explanada

Que tal un almorzo ou un bo xantar coas mellores vistas da praia de Vilarrube? Pois darse ese capricho é posible en La explanada, todo un clásico estival. Fundado na década dos 80, o local conta cunha terraza de luxo e no verán funciona a diario.

Vilarube

Bar Suízo

Constitúe unha opción idónea para tomarse un café, unha cervexa ou un bo viño, aos que sempre acompaña o correspondente pincho.

Loira

Teleclub Vilaboa

Conta cunha clientela fiel, de marcado carácter interxeracional. De feito, é un lugar de reunión habitual dos máis novos e novas as fins de semana.

Vilaboa

Sala Maravilla

A histórica sala de festas de Vilaboa, pola que desde o ano 1955 pasaron artistas e orquestras de primeira fila, reabre as súas portas en formato discoteca.

Vilaboa