Mellora de Campamentos Turísticos

Data: 
mércores, 30 Maio, 2012
Obxecto: 

A Secretaría Xeral para o Turismo, ven de aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións para actuacións de mellora dos campamentos de turismo en Galica (campings) e a convocatoria para o ano 2012.
 
Considéranse proxectos subvencionables todos aqueles que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2012 e que se encadren nas liñas seguintes:
 
Liña A) Actuacións relativas á xestión ambiental:
Proxectos relativos á renovación, tecnificación e innovación dos campamentos de turismo que conduzan á implantación de sistemas de protección e mellora ambiental, tales como: mellor uso e depuración de augas, xestión enerxética, emisións atmosféricas, xeración e tratamento de residuos sólidos e non sólidos, contaminación acústica, substitución de materiais, etc.
Liña B): Actuacións relativas á modernización de instalacións e mellora da oferta complementaria:

  • Proxectos de accesibilidade: adaptación dos espazos e instalacións do campamento ás normas de accesibilidade física e sensorial
  • Proxectos de modernización e remodelación das instalacións existentes, así como a substitución de equipamentos obsoletos.
  • Proxectos de remodelación da oferta complementaria existente e creación de nova oferta, especialmente relacionada co turismo familiar (oferta de gardarías infantís ou alternativas de lecer e animación para nenos/as).

Liña C): Actuacións relativas ao aumento de categoría do establecemento:
Proxectos dirixidos á implantación de instalacións e servizos que teñan como obxectivos cumprir algún ou varios dos requisitos para o aumento de categoría segundo a escala oficial.
 
As accións das liñas de subvención abranguen tanto actuacións nas instalacións como aquelas definidas para a creación ou mellora da oferta complementaria do establecemento. A mellora subvencionable non poderá supoñer un incremento superior ao 10% das prazas autorizadas pola Administración turística.
Máis información no D.O.G.

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Ata o 30 de xuño

Páxina: 
Economía y Empleo