O Concello abre a inscrición en Concilia Nadal!

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello abrirá este xoves 5 de decembro o prazo de inscrición no programa «Concilia Nadal!». Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, e desenvolverase nas instalacións do CPI Atios en horario de mañá, de 9,30 a 14 horas. Así mesmo, e para quenes o soliciten, haberá un servizo de conciliación dende as 8 horas.
 
O programa desenvolverase os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e máis 2 e 3 de xaneiro. Nesas xornadas, realizaranse xogos populares e tradicionais, multideportes, manualidades… un ambiente de xogo colectivo e disfrute do tempo libre dende os valores do respecto e a igualdade.
 
A inscrición manterase aberta ata o 16 de decembro –incluído- no departamento municipal de Servizos Sociais –planta baixa da casa consistorial-. Máis información, no teléfono 981 48 70 41 extensión5. A cuota para participar é de 36,88 euros e as familias numerosas poden acceder a un desconto do 20%.
 
Un programa co que se busca favorecer a necesaria conciliación da vida laboral e o coidado d@s fill@s durante as vacacións de Nadal.