Éxito de participación no II Open de Tenis Concello de Valdoviño

A segunda edición do Open de Tenis Concello de Valdoviño, promovido pola Concellería de Deportes e a Escola de Tenis Justo al Revés coa colaboración do CCDR Perlío, celebrou o pasado domingo as finais. Así, Javier Tur alzouse co trunfo na categoría Absoluto Nivel 1 tras vencer na final fronte a Cipriano Alberto, e José Del Río fixo o propio en Absoluto Nivel 2 tras superar a Manuel Fachal. Xavier Vázquez proclamouse campión Cadete na final fronte a Alan Amenedo; Jorge Orosa quedou campión Infantil e Raúl Filgueiras subcampeón, e Andrés Fernández campión Benxamín e Tomás José González subcampeón da categoría. O cadro de resultados das finais complétase con Néstor Fernández (campión consolación absoluto) e Alejandro Vázquez (subcampeón); Carlos Ardá (campión consolación infantil-cadete) e Mario Salceda (subcampeón), e Noa Pena (campiona consolación benxamín) e Alex López Vázquez (subcampeón).
 
A entrega de premios, que tiña lugar o pasado domingo no polideportivo municipal do Longoiro, estivo presidida polo alcalde, Alberto González, que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, e o secretario do CCDR Perlío, Luis Luaces. No mesmo, o alcalde destacou o éxito de participación nesta edición, con 67 inscricións e tenistas chegados doutras localidades da provincia como Ares, Betanzos, Coruña, Ferrol, Narón, Pontedeume ou Sada.

 
Galería de imaxes: Deportes.