O Concello convoca xuntanzas veciñais en todas as parroquias de Valdoviño

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello levará a cabo unha serie de xuntanzas veciñais en todas e cada unha das parroquias do municipio. Os encontros comezarán esta semana e a eles asistirán os concelleiros e concelleiras das diferentes áreas, además do rexidor, co obxectivo de recabar as propostas da veciñanza e coñecer as queixas sobre os servizos e proxectos municipais. Unha medida, engadiu o alcalde, coa que facilitar a participación cidadá na xestión do día a día do Concello.
 
Así, o calendario inaugurarase este mércores, 22 de novembro, no local social de Aviño (20,15 horas) e continuarán o xoves, 23, en Valdoviño (Casa da Cultura, 20,15 h) ; o venres 24 no local veciñal de Pantín (20,15 h); o sábado 25 en Meirás (local veciñal ás 12 h) e Lago (local veciñal ás 17 h); o domingo 26 en Loira (antigo Palco ás 12 h); o sábado 2 de decembro en Sequeiro (local veciñal, 12 horas) e Vilaboa (local veciñal ás 18 h), e o domingo 3 de decembro en Vilarrube (local veciñal ás 12 h).
 
O alcalde fai un chamamento á veciñanza para que acuda ós diferentes encontros e traslade as súas suxerencias.