DJ MIL e DJ WEBO impartirán o Curso Básico de DJ & Produción Musical

Os DJs MIL e WEBO serán os encargados de impartir o Curso Básico de DJ & Produción Musical que se celebrará na Casa da Cultura de Valdoviño para veciños e veciñas a partir de 14 anos. Organizado polo Concello e subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta, a actividade é completamente gratuíta.
 
Hai límite de prazas e, para anotarse, é preciso formalizar a preinscrición de luns a venres a partir das 10 horas no teléfono 981 48 76 66 ou de forma presencial na Casa da Cultura. O prazo ampliouse ata o 29 de setembro.
 
Constará de seis sesións -4, 5, 9, 10 e 12 de outubro- a celebrar de 18,30 a 20,30 horas.