Gonnaba e Peluquería Sixto disputarán hoxe a final do Torneo de Fútbol Sala OcioSol

Tras liderar practicamente durante toda a competición os seus respectivos grupos, Gonnaba e Peluquería Sixto enfrontaranse na gran final do Torneo de Fútbol Sala OcioSol que organiza o Concello de Valdoviño a través da Concellería de Deportes. Un partido, con entrada de balde, que se disputará a partir das 19,30 horas no pavillón municipal do Longoiro. Gonnaba lograba o pase á final tras superar por seis tantos a dous o pasado mércores a Talleres Trigo no seu encontro de semifinais. E, Peluquería Sixto, facíao onte mesmo vencendo ó Cortizán por tres goles a dous.
 
Así mesmo, no cadro de repesca, Josito Team e Amigos FS xogarán a final, prevista para as 20,30 h.
 
Por último, a entrega de trofeos celebrarase ó remate de ambos encontros, en torno ás 21,30 horas.