O Torneo de Fútbol Sala OcioSol encara as semifinais

Disputados os partidos de cuartos de final do Torneo de Fútbol Sala OcioSol, o Gonnaba vencía o pasado luns ó Esteagua de Mondariz por sete tantos a dous, namentras que Talleres Trigo impoñíase ó Setelux por seis goles a cinco. No outro grupo, o Cortizán superaba a Los Gitanos por oito goles a tres e Peluquería Sixto vencía ó Valdoviño por sete tantos a cero.
 
Así as cousas, o primeiro partido de semifinais disputarase mañá mércores no pavillón do Longoiro. Enfrontará ó Cortizán con Peluquería Sixto nun encontro que dará comezo, con entrada de balde, ás 20,30 horas. A outra semifinal celebrarase o xoves, 31 de agosto, ás 18,30 horas e Gonnaba e Talleres Trigo xogaranse nela o seu pase á gran final, prevista para o venres 1 de setembro ás 19,30 horas.