A Porta do Sol será escenario de ValdoFeira todos os últimos domingos de mes

O Concello de Valdoviño celebrará, a partir deste mes, ValdoFeira. Será este domingo, 30 de xullo, no entorno da Porta do Sol. Alí se instalarán diferentes postos de venda de artesanía, produtos e apeiros da horta, textil, calzado, antigüidades… Ofrecerán a súa oferta en horario de mañá, comezando sobre as 9 e ata o mediodía, ata as 15 horas. Outro aliciente máis da cita será o posto de pulpeira.
 
O Concello de Valdoviño e a ACR Fevaldo colaboran na posta en marcha da ValdoFeira coa intención de celebrala todos os últimos domingos de mes.
 
A uns días de arrancar esta primeira edición, preto de 30 postos tiñan confirmada asistencia, aínda que a organización prevé que a cifra medre nos próximos días. O prazo para anotarse conclúe o xoves e os comerciantes deben presentar a correspondente instancia no Rexistro Xeral da consistorial.