O Concello destina preto de 3.300 euros ás axudas para material escolar

O Concello de Valdoviño vén de aprobar axudas municipais para a adquisición de material escolar por un importe de 3.295 euros.
 
Subvencións que varían en función dos recursos económicos das persoas demandantes e que poden chegar por estudante ata os 130 euros nos cursos de Educación Infantil e de 100 en Primaria e Secundaria (e 120 para alumnado con necesidades de material de adaptación curricular). No seu conxunto, aprobáronse un total de 21 solicitudes.
 
As axudas que convoca o Concello están destinadas a sufragar gastos de material escolar derivados da escolarización en Infantil, Primaria e Secundaria. Entre outros requisitos, é preciso que o/a menor esté empadroado/a en Valdoviño e curse os seus estudos no centro educativo do municipio ou nalgunha das escolas unitarias, así como dispor duns ingresos económicos limitados. É precisamente este último aspecto o que determina a cuantía da axuda.