Axudas económicas ás familias para a atención a domicilio de nenas e nenos menores de 3 anos a través do programa Bono coidado

Data: 
xoves, 15 Setembro, 2016
Obxecto: 

Regular a concesión e convocar axudas económicas ás familias con nenos e nenas menores de tres anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares.
 
Persoas beneficiarias
Pais/nais, titores/as, ou as persoas acolledoras de nenos/as menores de tres anos residentes en  Galicia que se atopen nos supostos seguintes:
a.    Ter unha nena ou un neno nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2013 respecto da anualidade 2016 e con posterioridade ao 31 de decembro de 2014 respecto da anualidade 2017.
b.    Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos terase en conta a declaración do IRPF do ano 2014 respecto da anualidade 2016 e do ano 2015 respecto da anualidade 2017.
Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
 
Tipo de axuda
A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio, nos seguintes supostos:
a.    Enfermidade do/a menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar.
b.    Enfermidade da persoa coidadora habitual.
c.     Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación.
d.    Situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado, tanto do cónxuxe ou parella como de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, que impidan a atención do/a neno/a polos membros da unidade familiar.
Concederase un máximo de 80 horas por familia para a totalidade do período subvencionado (un máximo de 20 horas na anualidade 2016 e de 60 horas na anualidade 2017). Este crédito horario diminuirá proporcionalmente a partir do 1 de outubro de 2016 en función do momento de solicitude da axuda.
 
Contía
Estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo cos seguintes tramos:
a.    Ata 3.750 euros: 14 €/hora.
b.    Superior a 3.750 e ata 7.500 euros: 11 €/hora.
c.     Superior a 7.500 e ata 10.000 euros: 9 €/hora.
d.    Superior a 10.000 e ata 13.500 euros ou superior dentro dos límites establecidos para poder ser beneficiario: 7 €/hora.
 
Período subvencionable
Desde o día 27 de agosto de 2016  ata o 1 decembro de 2017.
 
Renda per cápita
Para os efectos de determinación da contía da axuda, a renda per cápita da unidade familiar computarase segundo as seguintes regras.
a.    Entenderase por unidade familiar a formada polos/as cónxuxes non separados/as legalmente e mais a formada por unha soa persoa proxenitora e:
1.    As fillas e os fillos menores, agás que, con consentimento do/a pai/nai, vivan de xeito independente.
2.    As fillas e os fillos maiores de idade con incapacitación xudicial e patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
3.    As fillas e os fillos maiores de dezaoito anos cun grao de discapacidade superior ao 33 por cento.
4.    As menores e os menores en situación de acollemento familiar.
b.    Tomarase o importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas de cada un dos seus membros no exercicio 2014 ou 2015 segundo corresponda, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, segundo os criterios establecidos na normativa do iIRPF.
c.     O importe anterior dividirase polo número de membros computables da unidade familiar.
Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles a que se fai referencia obteranse como resultado de aplicar aos datos existentes na Administración os criterios da lexislación do IRPF.
 
Documentación
Solicitude
a.    Anexo II, agás que a familia estea a cargo dunha soa persoa adulta.
b.    Copia do DNI da persoa solicitante, só no suposto de non autorizar a súa consulta no SVDI.
c.     Copia do DNI da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso, só no suposto de non autorizar a súa consulta no SVDI.
d.    Certificado de empadroamento de todos os membros da unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta. No suposto de que a/o cónxuxe ou parella da persoa solicitante non figure neste, deberá achegar o seu xustificante de empadroamento individual só no caso de non autorizar a súa consulta.
e.    Copia da declaración do IRPF correspondente ao ano 2014 ou 2015, segundo corresponda, da persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a consulta, dos datos tributarios que figuran en poder da AEAT.
f.     Copia da declaración do IRPF correspondente ao ano 2014 ou 2015, segundo corresponda, da persoa, cónxuxe ou parella, de ser o caso, só no caso de denegar expresamente a consulta dos datos tributarios que figuran en poder da AEAT (anexo II).
g.    Copia do libro de familia ou, na súa falta, dun documento que acredite oficialmente a situación familiar.
h.    Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción, de ser o caso, só no suposto de non prestar autorización para a súa consulta ou cando se trate de adopcións formalizadas por outra comunidade autónoma.
i.      Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a situación de tutela, de ser o caso, só no suposto de non prestar autorización para a súa consulta ou cando se trate de tutelas formalizadas por outra comunidade autónoma.
j.     Copia da resolución administrativa de acollemento, de ser o caso, só no suposto de non prestar autorización para a súa consulta ou cando se trate de acollementos formalizados por outra comunidade autónoma.
k.    Certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, só no caso de non autorizar a súa consulta, ou certificado de convivencia e sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais, nos casos de familias formadas por unha soa persoa proxenitora como consecuencia de separación legal, divorcio ou outras situacións análogas.
 
Lugar de presentación
·         A través da sede da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es
·         Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social
·         Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.
 
Pagamento
A contía da axuda farase efectiva unha vez que se presente a seguinte documentación:
a.    Solicitude de pagamento (anexo III).
b.     Facturas orixinais (ou documentos de valor probatorio equivalente) dos gastos realizados onde conste expresamente o día e hora/s en que se prestou o servizo, xunto cos xustificantes bancarios que acrediten o seu pagamento.
c.     Xustificación documental da situación puntual que dá dereito á percepción da axuda: xustificante médico de enfermidade do/a neno/a, da persoa coidadora habitual ou do cónxuxe ou parella e de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade; certificado de asistencia a entrevistas de traballo ou cursos de formación; certificado da empresa acreditativo do motivo de carácter laboral que impide o coidado do/a neno/a ou declaración xurada e documentos de alta censual (modelo 036) e de alta na Seguridade Social para o caso de traballadores/as autónomos/as.
No suposto de producirse algunha variación na renda da unidade familiar ou respecto do declarado no momento de presentación da solicitude, deberá comunicarse á xefatura territorial da Consellería de Política Social correspondente con carácter inmediato. Así mesmo, de non telo achegado coa solicitude, deberase indicar o número da conta corrente en que se debe ingresar a axuda.
Esta documentación deberá ser remitida á xefatura territorial correspondente con data límite do 5 de decembro da anualidade a que se refire o servizo, salvo no suposto de servizos recibidos no mes de decembro de 2016, respecto dos cales se deberá solicitar o pagamento no primeiro mes de 2017.

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Ata o 30 de setembro de 2017.

Páxina: 
Servizos Sociais e Saúde