Celebración das Letras Galegas

Este domingo terá lugar un acto de celebración do Día das Letras Galegas, coas corais Lembranzas da Terra (Valdoviño) e Alecrín (Brión-Ferrol) e o grupo musical Xardín desordenado, co concerto "Manuel María entre amigos". 

O evento, organizado polo Concello de Valdoviño e a A.C.R. A Frouxeira de Valdoviño, celebrarase ás seis da tarde no Auditorio da Casa da Cultura, con entrada de balde.
 
Ao respecto de "Manuel María entre amigos", Xardín Desordenado confeccionou un programa de cancións compostas con textos do poeta, seleccionando mostras das variadas “intencións” do autor. A súa orixe rural e o amor pola casa paterna. A súa paixón, activa pola defensa da lingua. O seu “preventiva” relación coa tecnoloxía ou coas autoridades. A súa sutil concepción do amor. A súa peculiar relación co Outono.
 
Xardín Desordenado completa o programa con poemas de poetas amigos de Manuel María, que aportan unha mirada diferente sobre ás mesmas realidades: Pepe Cáccamo, Darío Xohán Cabana, Carmen Kruckemberg, Miguel Anxo Fernán Vello…
 
En “Manuel María entre amigos” Xardín Desordenado foi fiel ás súas formulacións habituais. Composicións en Swing, Blues, Bossa Nova, Bolero… interpretados coa cálida sonoridad de guitarras con cordas de Nylon e percusións minimalistas. As voces achéganas Marlene Rodrigues, unha cantante que provén do fado, e Santiago Ferragud que provén do Rhythm and blues.
 
Nesta ligazón tedes un dos temas de Manuel María interpretados por Xardín Desordenado: Ternura.