Migallas Teatro presenta "Camiño de historias"

A compañía Migallas Teatro porá en escea o domingo 24 a obra "Camiño de historias", dirixida a público familiar. A representación terá lugar no Auditorio de Valdoviño ás seis da tarde, con entrada de balde.
 
"Camiño de Historias” é un espectáculo constituído por varias historias de tradición oral de diversas partes do mundo, enlazadas mediante cancións e ditos populares. Malia seren relatos tradicionais, os contidos son actuais e próximos aos nenos e nenas: os fillos consentidos polos pais, o afán de posuír xogetes e lambetadas, a importancia da música e a festa...
 
Cancións e ditos tradicionais arroupan todo o espectáculo coa finalidade de difundir a literatura popula infantil de Galicia.