Plan RehaVita: Bono de alugueiro social

Data: 
xoves, 5 Novembro, 2015
Obxecto: 

Persoas beneficiarias:
Ter sido parte, en calidade de persoa arrendataria, dun procedemento de desafiuzamento por non pagamento de rendas, derivado dun contrato de arrendamento de duración non inferior a 12 meses.

Requisitos:
1. Poderán ser persoas beneficiarias deste programa as que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter sido parte, en calidade de persoa arrendataria, dun procedemento de desafiuzamento por non pagamento de rendas, derivado dun contrato de arrendamento de duración non inferior a 12 meses.

b) Que entre a presentación da solicitude da axuda e a data da notificación da resolución xudicial de terminación do procedemento de desafiuzamento por non pagamento de rendas non transcorreran máis de 3 meses.

c) Que teñan a residencia na Comunidade Autónoma de Galicia durante polo menos 12 meses anteriores á data da solicitude da axuda.

d) Que sexa titular ou estea en condicións de subscribir un contrato de arrendamento nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa, ou vaia constituír, o seu domicilio habitual e permanente.

f) Que a renda do contrato de arrendamento que se subvenciona non poderá superar os importes sinalados no artigo 6.

g) Que os ingresos ponderados da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, computados conforme establece o artigo 4, sexan inferiores a 1,5 veces o indicador público de efectos múltiples (IPREM).

h) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña unha vivenda en propiedade ou en usufruto no territorio nacional.

i) Que a persoa arrendataria nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia non teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora. Así mesmo, que non exista vínculo de parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata segundo grao, coa persoa arrendadora. Esta mesma exixencia aplicarase cando a parte arrendadora sexa unha persoa xurídica, respecto de calquera dos seus socios ou partícipes.

2. A persoa beneficiaria non pode ser arrendataria de vivendas xestionadas polo IGVS.

3. As persoas membros da unidade de convivencia deberán estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, do Estado e da Seguridade Social, e non estar incursos en ningún dos outros supostos previstos no artigo10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo: ata o 30 de novembro de 2015 ou esgotamento da partida.
ORDE do 7 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 con financiamento plurianual (DOG núm.164 do 28 de agosto de 2015)
Máis información e solicitudes: https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=VI&codProc=482A&procedemento=VI482A 

 

Fase de tramitación:
Páxina: 
Servizos Sociais e Saúde