"Soy Cappaz", app gratuita de axuda para persoas con discapacidade

Esta app foi creada para que as persoas con discapacidade intelectual sexan máis independentes, se despracen con seguridade, estén mellor comunicadas con titores e familiares e desenvolvan o seu traballo nunha contorna laboral normalizada.
 
O uso desta aplicación é sinxelo: a persoa con discapacidade descarga gratuitamente a app no seu smartphone con Android (en Google Play ou nesta web: http://bit.ly/1hqCubP) e ata tres persoas da súa contorna (que adoitan ser familiares directos ou titores), reciben notificacións da mesma.
 
As funcións das que dispón 'Soy Cappaz' son:

  • Meu calendario: reflicte as tarefas dla vida cotiá e da contorna laboral do/da inderesado/a e permite que persoas da contorna do/da usuario/a poidan activalo e actualizalo desde calquera dispositivo.
  • ¿Onde estou?: esta función permite que os usuarios realicen desprazamentos con maior autonomía e seguridade gracias á creación de rutas que o guían polo traxecto correcto.
  • Meus traballos: grazas a esta función, os usuarios desta aplicación poden ter acceso a diferentes vídeos explicativos sobre diversas tarefas, como poden ser poñer en marcha unha lavadora ou imprimir un arquivo.
  • Necesito axuda: existe unha relación e comunicación moi estreita entre o/a usuario/a e as súas persoas de apoio, que realizan un seguemento moi de perto mediante alertas e notificacións en tempo real.