25 de Novembro "Día para a eliminación da Violencia contra as Mulleres"

¡O Concello de Valdoviño contra a Violencia contra as Mulleres! "MÓVETE POLO BO TRATO"
Para a conmemoración do día 25 de Novembro, o Concello de Valdoviño (dende os Departamentos de Cultura e Servizos Sociais) ten prevista unha actividade para este domingo 30 de novembro. Unha andaina popular urbana que terá como punto de partida e chegada a Casa da Cultura. Como peche terá lugar un acto final no Auditorio no que participarán alumnado do CPI ATIOS e CRA, outras persoas en representación dos diferentes colectivos  e un grupo da escola de baile da Asociación de Veciños/as de Lago.
Hora saída: 12:00 horas
Hora aproximada chegada: 13:00 horas
NOTA: importante levar algunha prenda de cor lila.