Programa Cultural 2014 e conmemoración do 25 de Novembro "Día para a eliminación da Violencia contra as Mulleres"

Dentro do programa cultural elaborado polo Concello para este mes de novembro, contémplase (en conxunto co Departamento de Servizos Sociais Comunitarios) a celebración do Día para a eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Para expresar o rexeitamento contra dita violencia, o Concello de Valdoviño "Móvese polo bo trato", a través dunha andaina popular urbana que terá lugar o día 30 de Novembro (Domingo) a partir das 12:00 hrs. e que terá como punto de partida e chegada a Casa da Cultura.
Ao finalizar a andaina procederase cun acto final no Auditorio da Casa da Cultura (13:00 hrs.) no que participarán alumnado representativo do CPI ATIOS e un grupo da escola de baile da Asociación de Veciños/as de Lago.
NOTA: poderán participar todas as persoas que o desexen: persoas adultas, persoas maiores, adolescentes e infancia.
IMPORTANTE: levar algo de color lila