V Xuntanza Solidaria de Nadal - Campaña de recollida de Xoguetes

O Concello de Valdoviño, dende os Departamentos de Cultura e Servizos Sociais, e as Asociacions Vecñais/Culturais do Concello, organizan a V Xuntanza Solidaria de Nadal.
A xuntanza ten como finalidade facer unha recollida selectiva de xoguetes (en bo estado, non violentos e non sexistas) para facer o reparto entre os nenos e nas con maiores necesidades do Concello na época de Nadal.
A xuntanza terá lugar o día 13 de decembro de 2014 na Casa da Cultura ás 16:30 horas. Unha vez feita a recollida e para poñer punto e final ao acto, contarase ás 18:00 horas cunha actuación de maxia a cargo do Mago Xocobe (Rede Cultural da Deputacion Provinial).