Pico Agudo, o teito de Valdoviño

  • Distancia: 9,6 km.
  • Tempo estimado: 02h15' a pé.
  • Altitude (máxima/mínima): 368 m / 172 m.
  • Desnivel acumulado: 379 m.
  • Pendente (máxima/mínima): 23,08% subida, 13,98% baixada.
  • Accesibilidade: A pé, bicicleta, automóbil.
  • Partida e chegada: 46º 36.294N, 008º 03.198W.

 
Este circuíto percorre parte da parroquia de Vilaboa, aínda que un pequeno tramo intérnase no concello de Cerdido.

Comezamos o percorrido no Centro Cultural Rosalía de Vilaboa, por un longo tramo recto de asfalto de 934 metros que bordea o encoro de Ás Forcadas e o río Forcadas que desemboca neste.

Ao final da recta xiramos a man esquerda (cartel indicador de Viduerios, Morgadelle, Vilela) e iniciamos os primeiros tramos da ascensión que nos levará ao Pico Agudo entre terras de pastos e labradío.
 
A suba, con 1.200 metros de asfalto na súa primeira parte e 1.800 metros de terra e pedra ata alcanzar o cumio, ten algunhas ramplas que alcanzan o 23 por cento de desnivel, aínda que a porcentaxe media está en torno ao 12 por cento.

No quilómetro 3,82 do percorrido alcanzamos o alto, en cuxo cumio nos
atopamos cunha caseta de vixilancia de incendios da Xunta de Galicia e cun punto de sinalización xeodésica. Unha vez no cumio observamos que o esforzo pagou a pena, xa que nela conflúen os concellos de Valdoviño, San Sadurniño e Cerdido e as vistas son impresionantes.

Iníciase a baixada, cos primeiros 1.400 metros coincidentes co mesmo tramo feito na suba. Ao final destes xiramos á dereita para continuar o noso percorrido sen desvío ningún ata alcanzar de novo o asfalto no km 6,57. Xiro pronunciado a man esquerda e continuamos baixando, en terreo de Cerdido, aínda que pronto atopamos o indicador do concello de Valdoviño.
 
No quilometro 8,1 hai un xiro de 90 graos á esquerda e continuamos por unha pista máis estreita, ata alcanzar as primeiras casas de labranza e novas vistas do encoro. 400 metros máis adiante (8,53 km de percorrido) hai un cruzamento no que xiramos a dereita e continuamos por unha pista estreita e entre algunhas casas, ata o km 9,1, no que xiramos a dereita alcanzado a longa recta inicial que nos leva ao punto de partida.
 
Comenzamos el recorrido en el Centro Cultural Rosalía de Vilaboa, por un largo tramo recto de asfalto de 934 metros que bordea el embalse de As Forcadas y en el río Forcadas que desemboca en el mismo.
 
Al final de la recta giramos a mano izquierda (cartel indicador de Viduerios, Morgadelle, Vilela) e iniciamos los primeros tramos de la ascensión que nos llevará al Pico Agudo entre tierras de pastos y labradío.
 
La subida, con 1200 metros de asfalto en su primera parte y 1800 metros de tierra y piedra hasta alcanzar la cumbre, tiene algunas rampas que alcanzan el 23 por ciento de desnivel, aunque el porcentaje medio está en torno al 12 por ciento.
 
En el kilómetro 3,82 del recorrido alcanzamos el alto, en cuya cumbre nos
encontramos con una caseta de vigilancia de incendios de la Xunta de Galicia, al igual que un punto de señalización geodésica. Una vez en la cumbre observamos que el esfuerzo ha merecido la pena, ya que en ella confluyen los concellos de Valdoviño, San Sadurniño y Cerdido y las vistas son impresionantes.
 
Se inicia la bajada, con los primeros 1400 metros coincidentes con el mismo tramo hecho en la subida. Al final de los mismos giramos a la derecha para continuar nuestro recorrido sin desvío alguno hasta alcanzar de nuevo el asfalto en el km 6,57. Giro pronunciado a mano izquierda y continuamos bajando, en terreno de Cerdido, aunque pronto encontramos el indicador del ayuntamiento de Valdoviño.
 
En el kilometro 8,1 hay un giro de 90 grados a la izquierda y continuamos por una pista más estrecha, hasta alcanzar las primeras casas de labranza y nuevas vistas del embalse. 400 metros más adelante (8,53 km de recorrido) hay un cruce en el que giramos a derecha y continuamos por una pista estrecha y entre algunas casas, hasta el km 9,1, en el que giramos a derecha alcanzado la larga recta inicial que nos lleva al punto de partida.