Conmemoración 25 de Novembro: Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, levará a cabo para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero a exposición "Cartas de Amor: 14 artistas contra a violencia de xénero". Unha exposición gráfica de ilustracións de diversos artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade, acompañada dun obradoiro práctico explicativo da mostra no lugar da exposición.
A exposición cedida pola Secretaria Xeral de Igualdade estará aberta ao público dende o 26 de decembro ao 2 de xaneiro na Casa da Cultura de Valdoviño
NOTA: as datas foron postas en decembro-xaneiro por necesidades de organización.