O Concello aproba a súa adhesión á Central de Contratación da FEMP

Gañar en eficacia simplificando a tramitación administrativa é un dos obxectivos que persegue o Concello de Valdoviño coa súa adhesión á Central de Contratación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Unha adhesión que, tal e como informou o alcalde, Alberto González, se aprobaba por unanimidade na última sesión plenaria celebrada.
 
Con esta medida, o Concello delegará na plataforma estatal a contratación de certas obras, subministros e servizos, facilitando así o proceso e permitindo un aforro dos custes, a minoración de tempos de adquisición e a simplificación da súa tramitación.