Visita da deputada de Educación ao CPI Atios

A deputada provincial Sandra González, responsable da área de Educación, realizou no día de onte unha visita ao municipio de Valdoviño para interesarse polos proxectos en materia educativa e de mocidade que está a desenvolver o Concello. Na mesma, estivo acompañada dos concelleiros de Educación, Rosana García; Deportes, Sergio Saavedra, e Urbanismo, Alejandro García. No transcurso da mesma, desprazáronse ao CPI Atios para realizar un percorrido polo centro, guiado polo seu director, Antonio Cebreiro, que concluíu cun breve encontro no que abordaron proxectos e vías de colaboración.