O Concello convida este venres a veciñanza e visitantes a unha nova sesión de cine ao aire libre

O Concello de Valdoviño convida á veciñanza a unha nova sesión de cine nocturno ao aire libre. Neste caso, co filme de animación infantil «Coco». O pase terá lugar este venres 9 de agosto, a partir das 22 horas, na praza da Casa da Cultura. A iniciativa conta co apoio da Deputación provincial a través da Rede Cultural.
 
Dirixida a un público familiar, «Coco» é unha película de animación estadounidense estreada en 2017. Dirixida por Lee Unkrich, e inspirada na festividade mexicana do Día de Defuntos, foi producida por Pixar e distribuída por Walt Disney Pictures.