Ociosol 2015, deporte para todos

As actividades deportivas do verán, que comezaron coas xornadas de vela e piragüismo no encoro das Forcadas, continúan coa celebración do Ociosol, co clásico torneo de fútbol sala e as diferentes modalidades de fitness na praia.
 
Para a segunda quincena do mes de agosto está programado o torneo de baloncesto, unha competición amigable 5x5 en categoría absoluta, a disputar na pista polideportiva da praia da Frouxeira (cámping municipal). Premiarase con trofeo aos tres primeiros clasificados e ten un custo de 11,06 euros por persoa. A inscrición está aberta ata o día 14 (no teléfono 649 981 841 ou no correo evateijeiro@hotmail.com), prevéndose o inicio da competición contra o luns 17.
 
Finalmente, o areal da Frouxeira acollerá unha proba atlética amateur na modalidade de carreira a pé pola praia, cunha distancia aproximada de 5.000 metros. Celebrarase o domingo 30 de agosto ás 11:00 horas. A inscrición realizarase fronte á caseta de Socorrismo da praia da Frouxeira ata media hora antes do inicio. Esta actividade é gratuíta e contará con probas en categorías menores e absoluta, masculina e feminina.