Axudas Emerxencia Social - Programa EMERX-ENDO 12-13

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, abre o prazo para a presentación de solicitudes de axudas de emerxencia social dentro do programa EMERX-ENDO, subvencionado pola Deputación da Coruña.
 
O obxecto xeral das axudas é posibilitar ás familias e /ou persoas que o necesiten o acceso a recursos e servizos básicos que permitan uns mínimos de calidade de vida, relacionados coas necesidades de alimentación, vestido, vivenda, participación social, apoio educativo (actividades extraescolares),  coa atención de situacións de urxencia que precisen de intervención inmediata, e/ou co suministro de servizos que garantan condicións axeitadas de habitabilidade (abastecemento de auga, luz, saneamento, telefonía).
 
Máis información sobre estas axudas, que se poderán solicitar ata o 23 de abril, na convocatoria de Axudas de emerxencia social: Emerx-endo 2013.