Consulta do Censo Electoral

O Alcalde-Presidente do Concello de Valdoviño fai saber:
 
En virtude do establecido na modificación da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, establecida pola Lei Orgánica 1/2003, de 10 de marzo, o Concello porá a disposición pública a consulta do censo electoral deste Concello, por medios informáticos e unha relación das mesas electorais, nas oficinas municipais, Negociado de Estatística do 11 ó 18 de marzo inclusive, podendo dentro do dito prazo consulta-lo censo e presentar se procede reclamación.
 
Hai uns teléfonos de chamada gratuíta: números 901 101 900, 981 217 439 e 981 217 426.