Ata 10 comparsas participarán este sábado no XIX Festival de Valdoviño

O Concello de Valdoviño celebra este sábado 9 de marzo o XIX Festival de Comparsas que arrancará ás 17,30 h cun pasarrúas entre a casa consistorial e a Casa da Cultura, onde se habilitará unha gran carpa para acoller o festival, que estará conducido polo grupo de teatro galego Ghazafelhos. Cada comparsa interpretará ante o público un máximo de dúas cancións ou parodias, e polo menos unha delas terá que estar escrita ou interpretada en galego e unha delas terá que xirar en torno a Valdoviño.

O Concello repartirá 3.300 euros en axudas á participación, 300 euros máximo por comparsa, 150 nun vale para a mellor e outros 150 en tres vales canxeables no comercio local para os mellores disfraces individuais.

O xurado, que terá en conta a orixinalidade e vistosidade do disfrace, a posta en escena, as letras das cancións ou parodias, a simpatía e a animación de rúa que realice o grupo participante, estará integrado por un representante de cada unha das comparsas, e poderá votar a todas menos a aquela que representa.

Esta será a orde de actuación no XIX Festival de Comparsas:

 Nos disfraces da categoría de outros (non sexan comparsas)

  1. Disfrace MUNDO PITUFO.
  2. Disfrace PASARELA DE ESTRELAS.
  3. Disfrace BELA, BESTA E LUMIÈRE.

Na categoría das Comparsas

1. OS PARRANDOLOS (Narón) Desfile exipcio.

2. TRÓUPELE, TRÓUPELE (Narón) Guerreiros da Natureza.

3. A CANTEIRA (Neda) Festa Celta da Canteira.

4. C.R.A. O ESQUÍO (Valdoviño) Fenómenos Metereolóxicos.

5. OS COLLUDOS (Narón) Graduados Educación Inclusiva.

6. A REVOLTA DE TRASANCOS (Ferrol) Clan Castrexo.

7. OS TRASTOS (Valdoviño) Vespas Velutinas.

8. OS MANGURRIÁS-O ATURUXO DE MELPÓMENE (Narón) Mangurriás.

9. CHORLITEJOS (Valdoviño) Laboratorio Chorlitejo.

10. OS FARANDULEIROS ( Valdoviño) Banda Escocesa.