Valdoviño celebra este sábado a II edición do Festival de Panxoliñas

Por segundo ano consecutivo, Valdoviño celebrará o seu Festival de Panxoliñas. Terá lugar este sábado, 15 de decembro, no auditorio municipal da Casa da Cultura. Dará comezo ás 18 horas e a entrada é libre e gratuíta.
 
O certame musical, co que Valdoviño dá a benvida ó Nadal, estará presentado pola profesora Eva Robles, directiva da asociación A Frouxeira, e nel participarán as corais Agarimo de Sillobre, do concello veciño de Fene, e Lembranzas da Terra, de Valdoviño.
 
A cita está organizada pola coral local e conta coa colaboración do Concello de Valdoviño.