Restaurante Camping A Lagoa, espectaculares postais deste espazo natural de singular valor.
Cafetería Restaurante Cámping
A Lagoa.
En pleno corazón da Frouxeira, entre a praia e o inicio da lagoa, este establecemento ofrece unhas espectaculares postais deste espazo natural de singular valor. Unhas vistas que explota ao máximo coa súa terraza exterior e o seu espazo acristalado interior. Cociña tradicional cun punto de innovación definen a súa carta. Na lista de especialidades figuran o codillo e máis o polbo.
Os nosos servizos.
Cociña tradicional cun punto de innovación.
A nosa carta.
Goza os nosos pratos.
Ensaladilla, croquetas, pulpo á feira, zamburiñas, tortilla, salpicón, distintas ensaladas, calamares a la plancha, pollo a la plancha, pollo al queso, pollo rebozado, raxo, raxo al queso, codillo, ternera, secreto ibérico, hamburguesa y bocadillos fríos o calientes. Ofrece platos para personas vegetarianas y también para celíacas.
Ofrece pratos para persoas vexetarianas e para celíacas.
Visita tamén...
Restaurantes
Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.
Marisquerías
Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.
Casas de comidas
Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.
Pizzerías
O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.
Bocaterías e hamburgueserías
Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.
Cafeterías e copas
Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.