Saúde e benestar ao teu alcance. Farmacias, clínicas e profesionais ao teu servizo cando máis o precisas.

Farmacia Casariego

É o negocio máis veterano da Porta do Sol, camiño do século de vida, e unha das farmacias de referencia do municipio.

Valdoviño

Farmacia Portela

Unha das nosas farmacias de referencia en Valdoviño dende hai máis de cincuenta anos, fundada pola avoa do farmacéutico actual, Jacinto Portela, terceira xeración ao fronte do negocio.

Valdoviño

Farmacia de Meirás

Máis de 30 anos coidando da saúde da veciñanza de todo Valdoviño. A Farmacia de Meirás conta cun amplo e experimentado equipo profesional, á fronte do que se atopa María del Carmen Álvarez Almodóvar.

Meirás

Farmacia Covadonga Gutiérrez

Preto de 40 anos ao servizo da veciñanza de Valdoviño e tamén de Narón, dada a súa localización no límite entre municipios. Ofrece unha atención personalizada, poñendo á disposición da clientela as mellores marcas de farmacia, para farmacia e de medicina natural.

Sequeiro

Dental Couce

Dende hai case que 4 décadas, en Dental Couce coidan da nosa saúde bucodental ofrecéndonos o asesoramento cercano e de calidade que precisamos.

Valdoviño

Clínica Dental Meirás

A doutora Susana Ameneiros lidera este centro, que conta cun equipo multidisciplinar altamente cualificado e ofrece un amplo catálogo de servizos para coidar da saúde bucodental da veciñanza.

Meirás

Clínica Dental Ricardo Álvarez Amor

A Clínica Dental Ricardo Álvarez Amor leva preto de 20 anos coidando da nosa saúde bucal en Valdoviño. Ofrece servizos de odontoloxía en xeral, ademais de implantoloxía e prótesis dental, garantindo unha atención integral.

Valdoviño

Centro Podológico Valdoviño

Con preto de dúas décadas de experiencia no sector, o Centro Podológico Valdoviño ofrece un servizo integral para o coidado do pé que abarca o tratamento das diferentes patoloxías e problemas asociados como durezas, callos, unllas encarnadas ou papilomas, ademais dunha atención específica para o pé xeriátrico e diabético.

Valdoviño

Clínica Podológica Inés Ferreira

A Clínica Podológica Inés Ferreira aborda de forma integral a saúde do pé, incidindo na prevención como factor clave para evitar afeccións futuras.

Valdoviño

Ana Alvariño podólogos

Vinte anos de experiencia avalan a esta especialista no coidado e tratamento integral das patoloxías do pé. A carteira de servizos de Ana Alvariño Podólogos abrangue a prevención e cura de afeccións de tipo dermatolóxicas e tamén funcionais.

Meirás

+Fisio

A clínica, liderada por Saray Leira, graduada en Fisioterapia pola UDC, ofrece tratamentos de fisioterapia e rehabilitación destinados a mellorar a vida de cada paciente.

Meirás

Rehafis

Camiño das dúas décadas de vida, Rehafis, fisioterapia y salud tense convertido en todo un referente no seu sector, con tratamentos de fisioterapia en xeral que axudan a mellorar as funcións motoras, reducir a dor e mellorar a calidade de vida dos seus pacientes a través de diferentes técnicas que se concretan tras un diagnóstico previo.

Valdoviño