Pan fresco, carne de calidade e froita de tempada.
Ultramarinos

A tenda da Morriña
Unha tenda de barrio a escasos metros da praia da Frouxeira na que poderás atopar un pouco de todo.

Covirán Suárez
Unha tenda de proximidade, cunha traxectoria de décadas en Meirás. Situada no que fora salón de vodas de Casa Suárez, nela pódense atopar produtos de primeira necesidade para o día a día.

Autoservizo O Castro
Xurdiu como bar e ultramarinos hai máis de medio século e cos anos evolucionou cara á súa configuración actual como autoservizo de proximidade, cun surtido axustado ás necesidades e demandas do día a día da veciñanza.

Hortalizas y verduras Nieves Llago e Hijo Juan
O mellor da horta está en Frutas y Hortalizas Nieves Llago e Hijo Juan. Nesta tenda de barrio poderás atopar unha ampla variedade de hortalizas, verduras e froitas, e algo máis.

A tenda da Carreira
Fundado no ano 1898, foi durante décadas o típico bar con tenda de aldea. Xa nos anos noventa reconverteuse en tenda de proximidade, cunha localización estratéxica no límite co veciño municipio de Narón e ao pé da AC-566.

Tenda do Josvy
Un dos negocios máis veteráns da Porta do Sol, esta tenda de barrio ofrece á súa clientela todo o indispensable para encher a despensa con produtos de primeira e prezos moi competitivos.
Supermercados

Supermercado da Cooperativa Lago
Un supermercado orientado, por riba de todo, a cubrir as necesidades das persoas sociais, aínda que calquera cliente coincidirá en que hai de todo. O establecemento conta cun catálogo notable de produtos de alimentación, bebidas, droguería e limpeza de primeira calidade, no que non faltan as marcas líderes e algunhas delicatessen.

Supermercado da Cooperativa de Meirás
Amplísimo supermercado con notable catálogo de primeiras marcas nos campos da alimentación e droguería a prezos competitivos. Dispón de seccións amplas de carnicería con variedade de elaborados propios (algúns singulares), charcutería, froitería ou unha importante sección de viños.

Supermercado da Cooperativa de Vilaboa
Un súper adaptado á contorno rural na que se atopa, e con todo o que precisa a veciñanza no seu día a día. Conta con seccións de alimentación -cunha ampla gama de produtos a prezos competitivos, froitas e verdura frescas, conxelados, charcutería- e máis de droguería e de perfumería. Incorpora tamén unha zona de mercería e de fogar, e mesmo calzado.

Eroski City
Preto de 400 metros cadrados de supermercado no corazón da Porta do Sol, cunha zona de estacionamento na parte traseira das instalacións para facilitar as compras.

DIA Valdoviño
A franquicia aterrizaba en Valdoviño hai máis de 2 décadas cun equipo humano que conseguiu dende o minuto cero facer do súper un negocio cercano onde a clientela se sinte como na casa.
Carnicerías

Carnicería Valdoviño
As mellores carnes e uns prezos do máis competitivo fan de Carnicería Valdoviño todo un referente na localidade.

Casa Félix
Negocio familiar de Meirás, á fronte do que estiveron xa tres xeracións, centrado na venda polo miúdo de todo tipo de carnes da mellor calidade.
Froiterías

Frutas Chantarela
Frutas Chantarela ofrece froitas e verduras de primeira, aderezadas co bo trato e atención personalizada de Mari e Anselmo, os seus propietarios.
Panaderías

Panadería Meirás
Un forno de toda a vida. De feito, vai pola terceira xeración á fronte do negocio. Cunha traxectoria de máis de 65 anos, a Panadería de Meirás cimenta a súa sona na calidade e sabor das súas elaboracións.

Confitería-Panadería Campeiras
Máis de 40 anos como panadería e confitería, e dende 2017, tamén con servizo de cafetería, cos almorzos como principal reclamo e, sobre todo, os enerxéticos a base de café, pan, ovos fritos, beicon e zume.

O forno da Carreira
Máis de dúas décadas traballando para fornecer de mellor pan a Valdoviño e á súa contorna. O forno da Carreira sirve a diario pan artesán cocido en forno de leña, co característico sabor que isto aporta.

Panadería Álex
A veterana panadería Rosario Sedes, fundada a mediados do século XX, daba paso no ano 2023 a Alex. Un dos seus traballadores tomaba o relevo, mantendo a oferta de sempre.