Todo para o campo e o xardín, con asesoramento experto.

Agrogar
Enfocado nos seus inicios á venda de penso, especialmente para as explotacións gandeiras, Agrogar foi diversificando a súa oferta, adaptándose aos cambios sociais dos últimos anos nos que gañou peso a produción para autoconsumo.

Agrotenda da Cooperativa de Lago
A Cooperativa de Lago conta cun espazo de agrotenda integrado no seu gran supermecado. Unha sección na que ademais de sementes, e roupa e ferramentas de traballo pódense atopar produtos fitosanitarios, ferraxería e alimentación animal.

Agrotenda da Cooperativa de Meirás
Unha macro ferraxería, con todo o que poden precisar a veciñanza, e co engadido de ofrecer produtos para os traballos agrícolas, para a alimentación animal, plantas…

Agrotenda da Cooperativa de Vilaboa
Unido ao supermercado da Cooperativa de Vilaboa, o establecemento ofrece a socios/as e clientela en xeral unha ampla selección de apeiros agrícolas, semente e abonos, ferretería, electricidade, e mesmo materiais de construción.