O Vehículo Integral de Documentación da Policía Nacional regresará a Valdoviño o 16 de decembro para facilitar os trámites co DNI e pasaporte
As persoas interesadas en acceder ao servizo poden pedir cita chamando ao teléfono 682 681 441 de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas
A reunión das mariscadoras de Cedeira co novo director xeral só serviu para expor a grave situación
O encontro, celebrado en Santiago, non permitiu debullar ningunha solución concreta, máis aló da recomendación do responsable autonómico de presentar plans de explotación doutros recursos como o bígaro ou o poliqueto
A CoRral PoliAfónica do Aturuxo de Melpómene trae este venres a Valdoviño as súas particulares versións dos grandes clásicos do rock&roll
Con entrada libre, a función celebrarase a partir das 20:00 h no auditorio
O Concello axuda aos maiores a tramitar as súas solicitudes para participar no programa Termalismo Social do IMSERSO
O prazo para as quendas de febreiro a agosto conclúe o 5 de decembro
A nave municipal de Mourente non se subasta
A Tesourería Xeral da Seguridade Social confirma por escrito o que xa comunicara vía telefónica a instancias das xestións da secretaria municipal
O Concello de Valdoviño volve convidar á veciñanza a participar coas súas fotografías na elaboración do calendario municipal
A Concellería de Cultura abre o prazo para recepcionar as imaxes
Concello e comercio local activan a II edición de “En Valdoviño, adiantamos o Nadal”
Máis de medio centenar de negocios se sumarán á iniciativa, que repartirá 1.000 euros en vales agasallo canxeables nos establecementos adheridos
Iria Pinheiro trae ao auditorio de Valdoviño “Vitória, retrato dunha denuncia”
O espectáculo inclúese no ciclo municipal de teatro "Ven o Venres"
A Mancomunidade activará un plan de medidas de aforro de auga para facer fronte á seca
Entre as medidas analizadas están as restricións nos usos non prioritarios da auga
Desenvolvemento Pesqueiro recibirá o 12 en Santiago ás representantes das mariscadoras
O colectivo mantivo esta mañá unha nova reunión de traballo cos concellos de Cedeira e Valdoviño
