telefono Home arrow Living to Valdoviño arrow Religious architecture

A+ | A- | A=

Home
How to arrive
Geography
History
Invitation
Living to Valdoviño
The town hall
Civil society
links
logo sergas
logo 112
logo 060
logo transporte metropoliano
logo DOG
logo BOE
logo BOP
 
lunes, 08 febrero 2010
The Churchs PDF Print E-mail

The Churchs

iglesia de as neves cruceiro

Santa Olalla de Valdoviño

Santa Olalla de Valdoviño

Cruceiro de Santa Olalla


 

 

 

 

 

 

 


Corte de la iglesia de Vilarrube

 

 


Iglesia de San Martín de Vilarrube

 

 

 

 

Cruceiro de Vilarrube

 

 

 


Iglesia de Santiago de Lago

 

 

 

 

Cruceiro en Lago

Detalle del retablo de la iglesia de Santiago de Lago
Cruceiro en Lago

Iglesia de Santiago de Pantín

Crueceiro de Pantín

Iglesia de San Vicente de Meirás

 


Iglesia de San Bartolomé de Lourido

Cruceiro de Lourido

Cruceiro de Sequeiro

Iglesia de Santa María de Sequeiro

Planta lateral de Santa María de Sequeiro

Capilla de San Mamede

 

 

 

 

 

Fachada de San Vicente de Vilaboa

Iglesia de San Viente de Vilaboa






A maior parte das igrexas pertencentes a este concello presentan unha concisa decoración interior. Destaca entre todas elas a igrexa parroquial de Santiago de Lago, que mostra unha gran coherencia á súa arquitectura barroca e ós seus elementos interiores de carácter ornamental. O seu altar maior está presidido por un fermoso retablo que divide os seus focos por medio de columnas salomónicas, polas que discorre unha profusa decoración de follas de uvas. A parte alta está presidida por unha imaxe de Cristo, mentres que nunha fornela lateral se encontra unha imaxe de Santiago, patrono da parroquia, ataviado cos símbolos do peregrino.

Cara ó exterior, estas construccións concentran a decoración da fachada principal, que soe desenvolverse de maneira simétrica no que a busca de simetrías ocupa lugar preponderante. Os restantes muros acostuman presentar un revestido e posterior caleado, deixando vistas os esquinais e recercando os ocos. Destaca, novamente, entre todos os edificios, a portada de Santiago de Lago, de fermosas proporcións e escollidos elementos barrocos.

 

Igrexa de Santa Olalla de Valdoviño

Debido á súa situación, nun alto, desde ela domínase boa parte da praia da Frouxeira. Posúe unha planta rectangular, con catro pequenos corpos arrimados ós seus muros meridional e setentrional, facendo dous deles a función de pequenas capelas laterais. Os muros son de carga, realizados en cantería, e sobre eles apóiase unha cuberta a diferentes augas –segundo os corpos- desenvolvida a través dunha estructura de cimbros, cabos e correas de madeira.

Todo esto, cunha cuberta de tella curva. Nos muros levouse a cabo un revestido e posteriormente branqueado, agás os esquinais, recercando os ocos da fachada principal. Esta última organízase a través dun sistema pentagonal, na que o desexo de simetría ocupa o lugar preponderante entre os diferentes xogos e elementos xeométricos que a compoñen. Esta fachada está dividida en tres planos, por medio de dúas bandas en resalte que percorren verticalmente o muro desde a súa base, ata continuar nas liñas estructurais que conforman a torre campanario.

No lenzo central superpóñense unha porta terminada en arco de medio punto, una pequena fornela que acubilla a imaxe pétrea de Santa Olalla e un oco circular que permite a iluminación natural do coro alto.

A cornixa, que presenta unha decoración de arquinos cegos, interrómpese no seu centro para dar lugar á base sobre a que se apoia a torre ou campanario. Esta última está composta por dous corpos, un primeiro constituíndo a base dos machóns que dan lugar ós ocos apuntados onde se sitúan as campás, e un segundo con forma piramidal en que se concentra a principal decoración da torre, que sobe por riba do conxunto dos corpos que conforman o edificio, e termina cun corpo piramidal flanqueado por pináculos.

O interior do edificio presenta unha nave cuberta por medio dun falso teito, levado a cabo por medio dunha armazón de madeira e xeso. O espacio correspondente ó cruceiro atópase cuberto por medio dunha bóveda de arista, de similares características ás pertencentes ás pequenas capelas laterais. Un arco de medio punto limita o espacio pertencente á ábsida, de estructura hexagonal e abovedada, que está presidida por un retablo de características neogóticas. O devandito retablo está realizado en madeira, con policromía dourada, e ensina no seu oco central unha imaxe de Santa Olalla, patrona desta igrexa. De similares características son os retablos que presiden as capelas laterais e os confesionarios e púlpito distribuídos polo templo.

Os pés da nave están situados nun coro alto, feito de formigón armado e vigas de cemento, ó que se accede a través dunha escaleira interior situada no muro setentrional.
A función da sancristía a comprenden dous pequenos corpos situados a ambos lados da ábsida, realizando un acceso a través desta. A iluminación interior do edificio provén de amplos ocos abertos nos muros, crecendo a través da cor branca que cobre la práctica totalidade dos revestimentos interiores. Exteriormente, o edificio posúe unha rica volumetría, que provén das diferentes dimensións de cada un dos corpos que o conforman, resaltando o feito da busca da funcionalidade de cada un deles fronte ó rechazo de débedas estilísticas que nada proporcionarían ó uso que lles é propio.



Igrexa de San Martiño de Vilarrube

San Martiño de Vilarrube está encravada nunha área rural, nunha ladeira rodeada de árbores e abundante vexetación. Preto do edificio, e separado por un pequeno muro, atópase o cemiterio parroquial e unha pequena fonte de pedra.

A súa estructura arquitectónica é de planta rectangular, na que se inscribe unha soa nave, a ábsida, dúas pequenas capelas laterais e dous corpos rectangulares que fan funcións de sancristía.

O edificio posúe, ademais da principal, tres entradas; unha lateral, situada no muro setentrional e protexida por un pequeno pórtico, e as dúas pertencentes ós pequenos corpos situados a ambos lados da ábsida.

Os muros son de carga, realizados en cachotería, e sobre eles se apoia unha cuberta a diferentes augas -segundo os corpos-, cunha cuberta de lousas en escama talladas a man, salvo os cumes que se cobren por medio de tellas curvas. Tanto exterior como interiormente, nos muros levouse a cabo un revestido de cemento e posteriormente branqueado, con excepción dos esquinais e recercado dos ocos, que presentan cantería vista.

No seu interior, a nave cóbrese por medio dunha bóveda de canón que desemboca nun cruceiro cuberto por medio dunha bóveda de crucería. Dito cruceiro desenvólvese a través de arcos de medio punto que se apoian sobre pilares embebidos no muro, e que, á súa vez, delimitan os espacios correspondentes ás pequenas capelas laterais e á ábsida. Estes espacios están cubertos por bóvedas de canón, moi semellantes á que cobre a nave.

Preside o altar maior un retablo neogótico, con policromía de dourados, que acubilla no seu corpo central as imaxes da Sagrada Familia e de San Martiño patrono da igrexa, que mostra unha total adaptación dos ocos que ocupan. De similares características son os retablos que presiden as capelas laterais, atópanse nun sitio ó lado do Evanxeo unha pequena imaxe de San Roque, vestido coa súa tradicional capa de peregrino, e que reflicte a gran devoción que se lle profesa polas terras deste concello.

Os pés da nave sitúanse nun coro alto, ó que se accede desde o exterior, por medio dunha escaleira de pedra que atravesa o muro meridional. Cara ó exterior, a volumetría que provén de diferente corpo que conforma o edificio destaca pola súa rotundidade e uniformidade, sobresaíndo tan só na altura ó corpo correspondente da ábsida. Feito que, sumado á práctica inexistencia de elementos ornamentais que poden antepoñer as formas en detrimento das funcións, logra outorgar ó conxunto un aspecto de sinxela sobriedade.

A fachada principal desenvólvese nun sistema pentagonal, superpoñéndose no seu eixe vertical central unha porta rectangular e alintelada, un pequeno oco que ilumina un coro alto e un segundo oco rectangular que foi tapiado, e na actualidade carece de función. A cornixa, que presenta unha decoración de aletóns e esta terminada nos seus vértices exteriores por pináculos con bóla, interrómpese no seu centro para dar lugar a unha base rectangular sobre a que apoia a torre campanario. Este último está formado por tres corpos; no primeiro deles atópanse os ocos que acubillan as campás, mentres que o segundo –de similares características ó anterior- sustenta unha cupuliña flanqueada e coroada por pináculos.

 

Igrexa de Santiago de Lago

Igrexa situada ó lado da estrada que une a parroquia de Santiago de Lago coa de Santiago de Olalla de Valdoviño. No seu espacio relixioso exterior atópase o cemiterio parroquial e, tras deste, o denominado “campo da festa”, feito este último moi característico da Galicia rural, onde se mesturan ininterrompidamente as linguas simbólicas dos significados sacro e profano.

O edificio posúe unha planta rectangular, na que se inscriben unha nave, dúas pequenas capelas laterais, a ábsida e tras desta, o espacio que fai as funcións de sancristía.

Os muros son de carga, e a cuberta é a de dous, tres e catro lousas en escama tallada a man. Nos muros exteriores e interiores –salvo a fachada principal- levouse a cabo un revestimento e posterior branqueado, con excepcións dos esquinais e recercado de ocos, que presentan pedra á vista.

A fachada principal presenta unha porta rectangular con lintel decorado sobre a que se abre unha fornela que acubilla a imaxe pétrea de Santiago que se presenta cos seus atributos de peregrino, e, finalmente, un oco rectangular que permite a iluminación natural do coro. Todos estes elementos están enmarcados coas súas respectivas pilastras sobre as que se apoia un frontón curvo que se parte no seu centro.

Rompe a simetría da fachada a torre campanario engadida na súa esquina meridional. Esta posúe tres corpos: no interior do primeiro deles encóntrase no interior da igrexa, mentres que o segundo está conformado por catro fortes machóns que sosteñen unha cupuliña hexagonal terminada nun pináculo con bóla.

Interiormente, a nave cóbrese por medio dunha bóveda rebaixada, de madeira, e os seus pés están situados nun coro alto ó que se accede a través dunha escaleira que arrinca do muro setentrional.

O espacio correspondeente ó presbiterio está delimitado por un arco triunfal de medio punto que apoia sobre pilastras. Este espacio cóbrese por medio dunha bóveda realizada en madeira.
O máis destacable da ornamentación interior é un retablo do barroco que preside ó altar maior, e que presentan un alto grao de conservación.Os seus ocos están divididos por columnas salomónicas que presentan as decoracións características deste estilo e na policromía mestúranse os cures e os dourados. Preside a parte alta da imaxe de Cristo crucificado, e nunha fornela lateral acubíllase a imaxe de Santiago, ataviado cos seus símbolos de peregrino.

A capela situada no lado da epístola está presidida, igualmente, por un retablo barroco, mentres que o situado na capela d Evanxeo posúe características neoclásicas.

Cara ó exterior, a igrexa de Santiago mostra un rico xogo volumétrico proveniente das diferencias que posúen os seus corpos que se traducen nos seus distintos usos e significados de cada un destes. A primacía do presbiterio rómpese coa presencia do campanario, que sobe por riba do conxunto e outorga á fachada a sensación de inestabilidade, tan propia do barroco, que acostuma a levar as grandes masas ás partes altas.

En síntese, este edificio é máis destacable de todos os que conforman as arquitecturas relixiosas de Valdoviño, feito que corre parello coa imaxinería e retablos que se encontran no su interior.

 

Igrexa de Santiago de Pantín

O edificio posúe unha planta en cruz, na que se inscribe unha nave, o presbiterio e dúas capelas laterais.

Nos muros meridionais e setentrionais engadíronse dous corpos rectangulares, funcionando un deles como sancristía, e realizándose o acceso deste último a través do presbiterio.

Cara ó interior, a nave principal está dividida en tres treitos, por medio de arcos de medio punto que se apoian sobre pilastras, e mostran unha estructuraárea de bóvedas de arista.

O cruceiro desenvólvese por medio de arcos de similares características ós de nave, dando lugar ó paso ás capelas laterais –cubeiertas tamén por bóvedas de arista- nas que se encontran pequenos retablos de elementos neogóticos.

A delimitación do espacio correspondente ó presbiterio vén dado a través do arco triunfal e os dous chanzos que salvan a altura existente con respecto á nave. Este espacio cóbrese cunha bóveda de arista, de singular esvelteza, e boas parte da súa iluminación natural –proveniente dun alongado oco situado na cabeceira - vese interrompida polo retablo que preside este espacio, e que acubilla unha pequena imaxe de Santiago, ataviado co hábito de peregrino.

 

 

Igrexa de San Vicenzo de Meirás

A estructura arquitectónica é de planta rectangular, na que se inscribe unha soa nave, dúass pequenas capelas laterais, presbiterio e, tras deste, unha sancristía.

A cuberta é de dúas augas e catro augas –segundo os corpos- cunha cubrición de lousas.

No seu interior, o edificio presenta unha nave cuberta cunha bóveda rebaixada, realizada en formigón, de características semellantes ás que cobren o presbiterio e as capelas laterais.

Os espacios da nave e o presbiterio están delimitados por un arco triunfal apuntado que se apoia sobre pilastras, e que se repite na entrada ás dúas pequenas capelas situadas nos lados da epístola e o Evanxeo.

En conxunto, a ornamentación é moi sinxela; pódense destacar o retablo, de elementos góticos que preside o altar maior. Cara ó exterior, o edificio concentra a decoración na fachada principal. Esta preséntase dividida en tres lenzos, a través da presencia da torre campanario que –ocupando o espacio central- prolóngase por riba da cornixa ata acadar unhas considerables dimensins. Neste lenzo central superpóñense a porta de entrada –terminada en arco apuntado- e nun oco de características similares. Mentres que nos lenzos laterais tan só se abren dous pequenos ocos, feito que impulsa o protagonismo (a decoración) de pequenos arquiños cepos que percorren a cornixa.

 

Igrexa de San Bertomeu de Lourido

O edificio desenvólvese nunha planta rectangular, con dous pequenos corpos que tamén son rectangulares –funcionan como sancristías- arrimados á cabeceira.

Os muros son de carga, e sobre eles apóiase unha cuberta a dúas augas nun corpo correspondente á nave e a catro no do presbiterio, todos eles con cubrición de lousa.

O interior presenta unha soa nave, separada do presbiterio por medio dun arco de medio punto que se apoia sobre pilastras. A cubrición destes dous espacios levouse a cabo de xeito semellante, mostrando unha estructura plana de desenvolvemento moi sinxelo.

Na parte alta dos muros da nave e do presbiterio ábrense ocos rectangulares, con derrame interior, que introducen unha leve luz natural no interior do templo.

En canto á ornamentación, esta limítase o pequeno retablo que preside o altar maior, de elementos nos que destaca a sobriedade. Exteriormente, os muros do edificio atópanse revestidos e branqueados, coa excepción dos esquinais e zócolos, que resaltan por medio dunha cor diferente. A práctica inexistencia de elementos decorativos repítese na fachada principal. Esta posúe un sistema pentagonal, presentando no seu eixe vertical central á superposición dun oco circular que permite a iluminación do coro. A cornixa pártese no seu centro para dar lugar á base que sostén unha espadana de dous ocos.

 

Igrexa de Santa María de Sequiero

A igrexa de Santa María é un claro exemplo de templo rural no que as sucesivas modificacións feitas ó longo das décadas agocharon moitas das primitivas características do edificio.

A estructura arquitectónica é de planta rectangular, con dous pequenos corpos engadidos ós muros laterais. Os muros son de cachotería, e sobre eles apóiase unha cuberta a dúas augas e catro augas, cunha cubrición de lousa.

Interiormente, o edificio presenta unha soa nave, que termina nun cruceiro cuberto por medio dunha bóveda de crucería. Dous arcos de medio punto que se apoian sobre pilastras, e semellantes ó que delimita o espacio da ábsida, dan entrada ás pequenas capelas laterais. O presbiterio cóbrese, igualmente, cunha bóveda de crucería, e a través del accédese a unha sancristía rectangular de dúas plantas.

A ornamentación, en conxunto, é de gran sinxeleza e sobriedade. Ó exterior, o edificio presenta a volumetría característica destes templos rurais, significándose en altura un corpo correspondente ó presbiterio. Nos muros realizouse un revestimento e posterior branqueado, con excepción dos esquinais e recercado de ocos, que mostran pedra vista.

A fachada principal, que a penas nada ten que ver coa orixinal do edificio, presenta un sistema pentagonal que se parte no seu centro para dar á base que sostén a torre campanario, de características eclécticas.

 

Capela de San Mamede

Pequena capela situada nun contorno de terreos de cultivo dependente da parroquia de Santa Clara.

A estructura arquitectónica é de planta rectangular, cunha soa nave e presbiterio. Ó seu muro setentrional engádenselle dous pequenos corpos, funcionando un deles como sancristía. Os muros son de carga, en cachotería, e sobre eles se apoia unha cuberta a dúas e catro augas, con cubrición de planchas de fibrocemento.

Cara ó interior, o edificio é moi sinxelo. Na totalidade dos seus muros levouse a cabo un revestimento e posterior branqueado, mentres que no pavimento se mostra unha soleira de terrazo, ós pés da nave se sitúa un coro alto, realizado por medio dunha armazón de madeira.

En conxunto a ornamentación limítase ó altar maior, presidido por un sinxelo retablo de dous ocos que acubilla unha imaxe de San Mamede, patrono do templo.

Exteriormente, a cornixa posúe uns muros revestidos e branqueados, salvo esquinais e recercados de ocos, que mostran pedra vista. A fachada principal presenta os característicos elementos destes pequenos templos rurais, simplificados nunha porta rectangular, alintelada, e o pequeno oco que permite a iluminación interior do coro alto. A cornixa cunha lixeira decoración en dentes de serra, que a percorren na súa totalidade apoiando no seu vértice central un… (Fáltalle unha parte).

 

Igrexa de San Vicenzo de Vilaboa

O edificio posúe unha planta rectangular que se ensancha levemente no seu espacio previo ó presbiterio, sitúase tras este último a sancristía, á que igualmente pode accederse desde o exterior.

No interior, o edificio presenta unha nave abovedada, realizada en madeira cunha cubrición de xeso, e ós seus pés un coro alto levado a cabo a través dun forxado de formigón. Pecha o conxunto dúas sinxelas capelas que aproveitan os espacios de maior anchura que preceden ó presbiterio, realizándose desde este último o acceso á sancristía.

Exteriormente, os muros da totalidade da igrexa posúen un revestimento de cemento e posterior branqueado. Mentres que os diferentes ocos están enmarcados por planchas de mármol, destacando o seu pechamento de luz cara ó interior do tempo.

As principais decoracións concéntranse na fachada principal, que presenta un zócolo a dúas bandas que a percorren verticalmente na súa totalidade. No seu eixe central, superpóñense unha porta rectangular –que na súa parte superior presenta unha sinxela decoración, actuando como remate dos seus pseudo pináculos situados nas súas esquinas-, un pequeno oco que permite a iluminación natural no seu coro e, rompendo a cornixa, unha espadana de dous ocos realizada en granito, na que destacan os pequenos pináculos que se concentran na súa parte alta.

 
Contratación
Sección Bandos
Sección Programación
Sección Noticias
Daily News
Weather
Galería Fotográfica
Calendario
Mapa de la Web
Concurso Fotográfico
Ovejas en la tormenta (Escocia) © Spika Atardecer © Alfregamo Lago Helado © Misoca Tren en las Alturas (4338 msnm) © fotoviajera Entorno da Frouxeira © Chirlateira Mirada menonita © Heitpress Bajamar © Pantocrator Los Otros © Gastoncrates Checkpoint Charlie, Berlin © Nabar Praia de Campelo © Gre
Febrero 2010 Marzo 2010
Martes, Febrero 09, 2010
Random Picture (rocas_1280x1024.jpg)
Mo Tu We Th Fr Sa Su
Week 5 1 2 3 4 5 6 7
Week 6 8 9 10 11 12 13 14
Week 7 15 16 17 18 19 20 21
Week 8 22 23 24 25 26 27 28





Lost Password?
 
webmaster
© 2010 Pagina Oficial del Concello de Valdoviño