Oficina de Turismo

Ademais da información ofrecida nesta web, dende Semana Santa ata finais do verán Valdoviño ten aberta unha oficina de Turismo situada na céntrica Porta do Sol.

O horario de atención ao público é de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, de luns a venres. Sábado e domingo a abertura adiántase ás 10:00.

Os interesados en contactar co persoal xestor deste servizo tamén poden facelo chamando ao número de teléfono 981 487 673 ou enviando as súas consultas ao enderezo de correo turismo@concellodevaldovino.com.

O departamento de Turismo conta cunha páxina propia en Facebook e conta en Twitter.