Vai de Entroido! Actividades lúdico educativas para a conciliación

O Concello de Valdoviño informa que durante os días 11, 12 e 13 de febreiro de 2013 levaranse a cabo os Obradoiros de Entroido, subvencionados pola Deputación da Coruña, para nenos e nenas de 3 a 12 anos na Casa da Cultura de Valdoviño de 9:30 a 14:00 horas. Actividades lúdico educativas con música, teatro, pinturas, disfraces...

Nº de prazas: 24 (por orde de inscrición, con prioridade para as familias que precisen o recurso para a conciliación familiar no caso de superarse as 24).

Cancelación do exercicio para o posto de operario

Recibida comunicación da Dirección Xeral de Emerxencias alertando de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia, nivel laranxa (nevadas e ventos), que se iniciarán ás 12:00 horas do día 22 e que afectarán ao conxunto da franxa litoral de Galicia, o Concello decidiu deixar sen efecto o chamamento feito aos aspirantes á praza de operario municipal para o día 23 de xaneiro de 2013, ás 9 horas.
 
O proceso interrúmpese ata unha nova data, con condicións mais favorables, que será comunicada a través do Taboleiro de Anuncios do Concello e da páxina web municipal.
 

Puntuacións e convocatoria para a praza de operario municipal

Unha vez realizada a fase do concurso correspondente á selección por concurso-oposición dunha praza de operario no Concello de Valdoviño (funcionario interino), faise pública a listaxe coas puntuacións dos aspirantes.
 
Asímesmo, convócase aos aspirantes para o vindeiro mércores día 23 de xaneiro, ás 09:00 horas, para a realización do primeiro exercicio da oposición. Para elo, deberán presentarse no lugar do Mirador do Paraño, provistos do DNI ou documentación identificativa análoga.
 

Campaña "1KILO+" (Recollida de Alimentos)

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, informa que durante a campaña de recollida de alimentos levada a cabo no Nadal 2012-2013 en colaboración con Cáritas Valdoviño e o CPI ATIOS (alumnado e profesorado) foron recollidas 1.328 unidades de produtos: 820 kilos, 255 lotes de conservas, 166 unidades de produtos de Nadal e 87 lotes de produtos de hixiene. Foron beneficiarias 25 familias do Concello de Valdoviño.
 
O noso maior agradecemento pola participación da veciñanza.

Calendario municipal de 2013

O Concello de Valdoviño vén de editar un ano máis o seu calendario institucional. Composto por imaxes realizadas polos veciños, os calendarios poden atoparse nas cooperativas de Meirás, Lago e Vilaboa, nos locais das Asociacións de veciños, na Casa da Cultura ou na Casa do Concello.
 

I Festival Solidario

I Festival solidario

O 19  de Xaneiro celebrarase o I Festival Solidario a favor de Cáritas co obxectivo de recaudar fondos para distribuir entre as familias con maiores necesidades do concello.
 

Listaxe de aspirantes admitidos para operario municipal

Publícase a listaxe de admitidos no proceso selectivo para a provisión por concurso-oposición dunha praza no posto de operario municipal, en réxime de interinidade, Grupo E, Escala Administración Especial, Nivel 7.
 
A fase de selección correspondente ao concurso queda fixada para as 9 da mañá do día 15 de xaneiro, na Casa do Concello.
 
A listaxe de admitidos pode consultarse na seguinte convocatoria: Contratación de persoal (operario municipal).

Contratación dunha traballadora social

Logo de realizar o correspondente proceso selectivo para a cobertura con carácter laboral-temporal, dunha praza de Traballador/a Social, o Concello seleccionou á aspirante que acadou maior puntuación para a praza convocada.
 
Pode consultarse o decreto de contratación nesta ligazón: Convocatoria de praza de traballador/a social.

Programa de Nadal

O Concello organizou unha intensa actividade cultural para este mes, especialmente para as festas de Nadal.
 
Ademais do programa Un Nadal diferente, haberá teatro, cine, maxia, panxoliñas, música e moitas actividades para os máis pequenos, os grandes protagonistas do Nadal.
 
Pódense ver todos os eventos na axenda da web ou no seguinte arquivo.

Cea homenaxe ós maiores de Valdoviño.

O día  21 de decembro de 2012 ás 21:00 horas no Restaurante Brisas, celebramos a cea homenaxe ós maiores de Valdoviño.
   Requisitos:

  • Ser maior de 65 anos (non teñen que cumplir este requisito os/as cónxuxes dos maiores).
  • Figurar empadroados no concello de Valdoviño.

Inscripcións: No departamento de servizos sociais, na pranta baixa do concello a partir do día 10 ata o 14 de decembro, en horario de 9:00 a 12:00 horas.

Páxinas

Subscribirse a noticias