Aberta a selección de persoal para a campaña de limpeza de praias

O Concello de Valdoviño abre o prazo para presentar solicitudes para a campaña de limpeza de praias 2013.
 
Os interesados deben dirixirse ao Rexistro municipal, en horario de 9 a 13 horas (sábado de 10 a 13 horas). O prazo de presentación de solicitudes remata o martes 25 de xuño.
 
Máis información na sección de convocatorias da web (Selección de persoal para a campaña de limpeza de praias 2013) ou no teléfono 981 487 041.

Feirón de xullo: aeromodelismo e solidariedade

Cartel para o 13 de xullo

O feirón mensual de Valdoviño continúa dando os primeiros pasos e para a súa segunda edición, o 13 de xullo, amplía o seu horario a todo o día, polo que os postos estarán abertos dende as 09:00 horas ata última hora da tarde.
 
Nesta ocasión o feirón estará dedicado ao aeromodelismo, polo que as persoas que se acerquen polo recinto poderán atopar actividades relacionadas con esta especialidade, ademais dos postos habituais.
 

Adxudicado o servizo de limpeza en edificios municipais

A xunta de goberno local adoptou acordo de adxudicación do servizo de limpeza en diversos edificios municipais do Concello de Valdoviño.
 
O contrato adxudícase á empresa Limpergal, S.L., cun prezo total de 56.749 euros e un ano de duración.
 
Toda a información sobre esta licitación está dispoñible no perfil de contratante da web: Servizo de limpeza de edificios municipas 2013.

Proxección do filme "O Apóstolo"

As actividades organizadas en torno ao II Festival Enxebre comezan no Camping municipal da Lagoa coa proxección do filme O Apóstolo. Este venres 7, ás 22:00 horas.

II Festival Enxebre

Festival Enxebre

Este fin de semana celébrase en Valdoviño o II Festival Enxebre, unha festa que terá lugar no Camping Municipal da Lagoa e no que haberá teatro, música e unha concentración camper/autocaravanas.
 
O evento está organizado pola asociación Mundo Piruleta, coa colaboración do Concello de Valdoviño.
 
 

XXXV Xuntanza de Maiores do Carballiño

O sábado 22 de xuño celebrarase na cidade ourensá do Carballiño a XXXV Xuntaza de Maiores.
O Programa de actos é o seguinte:
10:30 Chegada ao recinto do Parque Municipal
12:00 Concerto banda de música
13:30 Chegada de autoridades
13:40 Rolda de intervencións e entrega de agasallos aos centros
14:00 Comida campestre
16:00 Tempo de lecer
20:00 Fin da Xuntanza
 
Para inscribirse, acehgarse ao Departamento de Servizos Sociais Comunitarios de 9 a 12 da mañá dende o día 6 ata o 11 de xuño.

Resultados da contratación dos servizos de limpeza

A Mesa de Contratación do Servizo de limpeza de diversos edificios municipais do Concello de Valdoviño reuníuse na mañá deste venres para dar conta do proceso de licitación do expediente e facer a valoración de ofertas (sobre C: oferta económica).
 
Os resultados da valoración de ofertas e todos os datos desta licitación poden atoparse no perfil de contratante da web: Servizo de limpeza de edificios municipas 2013.

Valdoviño mantén as cinco praias con Bandeira Azul

As Praias de Meirás (O Río), A Frouxeira, Pantín (O Rodo), Baleo e Vilarrube obtiveron un ano máis a Bandeira Azul, galardón que acredita a calidade e servizos dos areais.
 
Precisamente este verán cúmprense vinte anos da primeira consideración da Frouxeira como Bandeira Azul.

Rede Xiana 2

O próximo luns 27 de maio dará comezo a primeira acción formativa ofertada no Proxecto Rede Xiana 2: Apoio na Preparación das Cometencias Clave. É excepción a urxencia desta acción xa que compre levala a cabo con anterioridade á proba libre convocada pola Xunta de Galicia para o mes de xuño).
 
Desta forma, as persoas seleccionadas (dúas por cada Concello) deberán achegarse o día 27 ás 09:00 h. á Sede correspondente, ubicada en Ares.
 
A formación terá lugar ata o 11 de xuño, de luns a venres en horario de mañá.

A II Feira Medieval, do 24 ao 26 de maio

A II Feira Medieval de Valdoviño celebrarase o vindeiro fin de semana, do 24 ao 26 de maio. A organización do evento tivo que cancelar a primeira data prevista debido ás adversas previsións meteorolóxicas.

Páxinas

Subscribirse a noticias