Iª Andada Valdoviño-Santiago de Compostela

O Concello organiza unha ruta entre Valdoviño e Compostela, polo Camiño Inglés. A andada farase durante o mes de maio, en cinco etapas:

Rede Xiana 2

O Departamento de Servizos Sociais Comunitarios comezará o luns día 15 co proceso de inscrición de alumnado para a oferta formativa dentro do proxecto Rede Xiana 2 da Deputación da Coruña.
O prazo para presentar solicitudes rematará o día 3 de maio, levando a cabo posteriormente a baremación e selección de alumnado.
Para concertar cita dentro do prazo: no Dto. de Servizos Sociais Comunitarios do Concello ou no tlf. 981487041-ext.5

As veciñas de Valdoviño poden tramitar as axudas de apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero

O Concello de Valdoviño, a través do departamento de Servicios Sociais, pon a disposición das veciñas as axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.
 
O pasado 2 de abril de 2013 regularonse as bases para a concesión destas axudas, que se poderán solicitar ata o 31 de outubro de 2013.
 

Modelos para solicitude de descontos no canon da auga

Os veciños de Valdoviño poden solicitar descontos ao canon da auga dende este luns 8 de abril.
 
Os modelos de solicitude de deducción para familias numerosas, de solicitude de exención por estar en situación de exclusión social e de solicitude para acreditar o número de persoas na vivenda están a disposición dos veciños nas oficinas municipais (Porta do Sol, s/n) e nesta mesma web (Desconto no canon da auga).
 
Os descontos que se poden aplicar son os seguintes:

O Concello inicia o procedemento de orde de execución do Siroco

O pasado 13 de marzo o Concello de Valdoviño remitiu un escrito á empresa propietaria do antiguo edificio “El Siroco”, instándoa a arranxar os diversos problemas que presenta o edificio.
 

Reunión coa SEPES para falar sobre o polígono industrial das Boeiras

O pasado mércores 3 de abril visitaron o concello de Valdoviño representantes da SEPES (Entidade Pública Empresarial de Solo), para tratar diversos asuntos relacionados co polígono industrial das Boeiras, na parroquia de Sequeiro.
 
No transcurso da visita os representantes municipais solicitaron a cesión dun local para a Asociación de Veciños de Sequeiro e aproveitaron para ver o estado no que actualmente se atopa o futuro polígono industrial das Boeiras.
 

IV edición do concurso de viñetas pola igualdade real

Lembrade que este luns 8 de abril remata o prazo de presentación de traballos para participar na IV edición do concurso de viñetas pola igualdade real (Deputación da Coruña) convocado no marco das actividades da Conmemoración do 8 de Marzo 2013 " Día da muller" co obxectivo de reflexionar sobre a importancia de visibilizar o papel da muller no medio rural, fomentar o seu empoderamento, liderado e participación social en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Reunión coas comisións de festas para informar sobre o seguro

A concelleira de Cultura, Cristina Freire, e o concelleiro de Facenda, Manuel Bacorelle, reuniranse mañá xoves 4 de abril (20:00 horas) na Casa do Concello coas comisións de festas de Valdoviño, para explicarlles as condicións do seguro que sufragará o Concello.
 
Como xa se lles informou, a colaboración consistirá na asunción por parte da administración do seguro de responsabilidade civil que tódalas comisións deben ter suscrito para poder celebrar as festas patronais.
 

O Concello sufragará o seguro das comisións de festas

O goberno tripartito de Valdoviño, PP, C.G e UporV, decidiu recientemente colaborar con tódalas comisións de festas do concello na celebración das festas patronais.
 
A colaboración consistirá en que o Concello fárase cargo do seguro de responsabilidade civil que tódalas comisións de festas teñen que ter suscrito para poder celebrar as festas patronais.
 

Axudas Emerxencia Social - Programa EMERX-ENDO 12-13

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, abre o prazo para a presentación de solicitudes de axudas de emerxencia social dentro do programa EMERX-ENDO, subvencionado pola Deputación da Coruña.
 

Páxinas

Subscribirse a noticias