Maxia, monicreques, acrobacias… este domingo no entorno das Forcadas

A compañía Teatro ó Cubo

O Concello de Valdoviño volve a apostar este verán polo programa municipal «Escenarios Paralelos» a través do cal as propostas culturais saen da Casa da Cultura e viaxan a lugares como o encoro das Forcadas, parques infantís ou adros de igrexas. Así, o Concello inaugura o mes de xullo cun espectáculo familiar, «Ghop !» no entorno do Club Náutico das Forcadas. Será este domingo, 1 de xullo, a partir das 19,30 horas.
 

O Concello pon a disposición da veciñanza a pista deportiva da praia da Frouxeira

Pista deportiva

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, avanzou que mañá venres, 29 de xuño, o Concello reabrirá a pista deportiva municipal anexa ó camping da praia da Frouxeira. Unha pista que, durante os últimos anos, tivo un uso restrinxido ás actividades municipais deportivas de verán e que agora o Concello pon a disposición da veciñanza. A única limitación de uso será naqueles horarios nos que se desenvolvan as clases de tenis do Concello (martes e xoves de 10 a 12 horas) e actos puntuais comunicados con suficiente antelación.
 

“Surf e Aves”, do fotógrafo Gonzalo Cueto, nova exposición do Océano Surf Museo

O Océano Surf Museo inaugura exposición. Será a segunda mostra temporal destas instalacións pioneiras en España e, nesta ocasión, a fotografía será a protagonista. “Surf e Aves” é o título da mostra, que recolle preto de medio centenar de imaxes, estampas, instantes que Gonzalo Cueto, un dos pioneiros en Galicia da fotografía de surf, foi recollendo ó achegarse á beira do mar ó longo da súa dilatada traxectoria como fotógrafo amateur.

O Concello inicia os trámites para adquirir os terreos da antiga Cámara Agraria

Solar contiguo á casa consistorial sede da antiga Cámara Agraria

O alcalde, Alberto González, avanzou esta mañá que o Concello vén de iniciar os trámites para a adquisición dos terreos nos que se emprazaba a antiga Cámara Agraria de Valdoviño. Uns terreos que se atopan anexos á propia casa consistorial e que, ata hai uns meses, albergaban o edificio da Cámara. O seu avanzado estado de deterioro, agravado pola falla de uso nos últimos dez anos, levou á Xunta, propietaria de inmoble e solar, á súa demolición e conversión da zona en espazo verde.

Galicia recupera o título nacional de equipos autonómicos nunha apretada clasificación final na Frouxeira

A selección galega
Foto de familia da selección

A xornada de onte foi decisiva para coñecer á nova campiona de España por equipos autonómicos. A selección anfitriona impúxose nun apretadísimo final sobre a segunda clasificada por tan só 210 puntos. O campionato de seleccións autonómicas foi un dos máis disputados que se lembra. Ata a última manga, a final de surf sub 14 masculina non estaba nada decidido. A selección cántabra, a canaria e a galega pelexaron ata o último minuto por levar o cetro nacional.

O Concello de Valdoviño organiza o I Festival De Cero a Cen para os máis pequenos da casa con Paco Nogueiras e Pesdelán

I Festival de Cero a Cen

O parque de Lago, emprazado xunto ó local social, será o escenario do primeiro Festival De Cero a Cen organizado polo Concello de Valdoviño para os máis pequenos da casa. Celebrarase o sábado 30 de xuño, a partir das 19,30 horas, e conta cun cartel de auténtico luxo: Paco Nogueiras e Pesdelán. A entrada é gratuíta e o alcalde, Alberto González, convida a todo o mundo a asistir á cita, que conta co apoio da Deputación provincial da Coruña a través da Rede Cultural.
 

As seleccións autonómicas poñen a cor á primeira xornada do Campionato de España de Surfing 2018 en Valdoviño

Campionato España Surfing

A praia da Frouxeira en Valdoviño estreouse onte como sede do Campionato de España de  Surfing cun novo récord de participación e unhas condicións mínimas para realizar unha competición destas características.
 
O alcalde de Valdoviño, Alberto González, e os seus concelleiros,  Sergio  Saavedra e  Benito Vega xunto con Carlos García, presidente da Federación Española de  Surfing,  presidiron a tradicional cerimonia inaugural.
 

O Océano Surf Museo amplía horarios durante o Campionato de España de Surf

Océano Surf Museo

Coincidindo coa celebración do Campionato de España de Surf na Frouxeira, o Océano Surf Museo, o primeiro e único de España desta temática, amplía esta semana os horarios de apertura. Así, dende hoxe e ata o vindeiro venres, poderá visitarse de 12 a 14 horas e, tamén, de 17 a 20 horas. A fin de semana, como é tradición, será de 12 a 14 e de 16 a 19 horas. A entrada é gratuíta e o alcalde, Alberto González, convida a veciños e visitantes a aproveitar a ocasión e achegarse a estas instalacións, emprazadas na primeira pranta da Casa da Cultura.
 

Pantín albergará a finais de setembro o Campionato Mundial de Waveski Surfing

Presentación do evento deportivo

A praia de Pantín acollerá este ano o Campionato Mundial de Waveski Surfing, un deporte dinámico que combina o poder do remo de kaiak coa maniobrabilidade e o rendemento dunha táboa de surf. Será do 23 ó 30 de setembro e, a tres meses da súa celebración, preto de 90 deportistas procedentes de 14 países como Australia, Sudáfrica ou Arxentina xa confirmaron a súa asistencia.

A Casa da Cultura de Valdoviño acolle este sábado a XXXI Mostra da Canción Coral

O auditorio da Casa da Cultura de Valdoviño acollerá este sábado, 23 de xuño, a XXXI edición da Mostra da Canción Coral. Unha cita de referencia na comarca para os amantes da música coral. Dará comezo ás 19 horas, con entrada de balde ata completar aforo, e estará conducida por Andrés Vellón, delegado de La Voz de Galicia en Ferrol.
 

Páxinas

Subscribirse a noticias