Valdoviño abre este martes as portas da súa Oficina Municipal de Turismo

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que a Oficina Municipal de Turismo abrirá as súas portas este martes, 20 de xuño.
 
Estará operativa os sete días da semana grazas á incorporación de dous técnicos de turismo, contratados ó abeiro dunha subvención procedente da Deputación provincial da Coruña. Durante catro meses, un dos traballadores estará a xornada completa e outro, parcial. Porén non só se limitarán a atender as consultas de visitantes e turistas mañá e tarde senón que tamén tomarán parte en iniciativas de promoción e dinamización turística.
 

Continúa o proceso de concesión do cámping coa aprobación en pleno do anteproxecto, pliegos e regulamento que rexirá a concesión

O pleno de Valdoviño daba o venres pola tarde luz verde á aprobación do anteproxecto das actuacións de adaptación á normativa vixente e mellora das instalación do cámpingo municipal, así como ós pliegos e regulamento que rexirá a concesión.
 
Un paso necesario tras o proceso de información pública e despois de que non se presentasen alegacións ao mesmo. Neste sentido, o grupo de goberno agradeceu a aportación dos grupos no proceso, que agarda faga que Valdoviño conte cun establecemento que contribúa a facer esquecer a estacionalidade actual do turismo.
 

Xornada de portas abertas este martes na Aula da Natureza, Punto de Atención á Infancia de Valdoviño

Aula da Natureza-Punto de Atención Infantil

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, avanzou esta mañá que o Concello celebrará o vindeiro martes, 20 de xuño, unha xornada de portas abertas na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia. Será a partir das 17 horas e ata as 19 e, o obxectivo, é dar a coñecer as novas instalacións ás familias con nenos e nenas de cero a tres anos do municipio. Lembrou tamén que o prazo de matrícula para o próximo curso continúa aberto e que as familias interesadas formalizalo antes do 20 deste mes.

Sesión de ioga en familia en Valdoviño

Sesión de ioga en familia

Dez familias das diferentes parroquias de Valdoviño tomaron parte o pasado mércores na sesión de ioga organizada pola Concellería de Servizos Sociais. Celebrouse no local social de Meirás e tivo unha duración de 90 minutos, espazo no cal nais e pais con fillos e fillas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos realizaron en común diferentes técnicas e dinámicas de ioga, xogando co propio corpo, os sentidos e as emocións. 

A Casa da Cultura acolle este domingo o espectáculo para bebés “Viaxe a Dadá”

Teatro da Semente traerá este domingo a Valdoviño a súa obra “Viaxe a Dadá”, un proxecto para bebés de 0 a 3 anos e acompañantes con xogos iniciáticos, cancións de berce, estimulación sensorial e moito cariño. Terá lugar no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 18,30 horas e entrada de balde ata completar aforo.
 
O pase forma parte da programación de actividades socioeducativas para esta primavera-verán que promove a Concellería de Cultura e inclúese na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña.
 

Entrega de diplomas ós alumnos dos talleres de estimulación cognitiva para persoas maiores

Entrega de diplomas talleres

O auditorio da Casa da Cultura de Valdoviño foi escenario do acto de entrega dos diplomas ós maiores que, nos últimos meses, tomaron parte nos obradoiros de estimulación cognitiva do Concello.
 

Destacada participación dos arqueiros locais no Campionato Galego ao Aire Libre

Podio Cpto Galego
Podio Cpto Galego en Pontevedra

Gran actuación dos deportistas do Clube de Arco A Frouxeira de Valdoviño no Campionato Galego disputado a pasada fin de semana en Pontevedra. A delegación local partía con sete integrantes para tomar parte na competición nas categorías alevín, infantil e cadete.
 
En infantil, David Rodríguez Fresco subiu ao podio para colgarse a Medalla de prata. En alevín, a representación de Valdoviño correu por conta de Martín Mera Grandal, que quedou nunha destacada cuarta posición, namentras que Martín Vilar Álvarez, logrou un meritorio noveno posto.
 

O Concello de Valdoviño invita ás familias a practicar ioga cos seus fillos e fillas

As familias con nenos e nenas de tres a 12 anos poderán tomar parte na clase de ioga que o Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten programado para mañá mércores, 14 de xuño. Celebrarase no local social de Meirás e dará comezo ás 17 horas cunha duración de 90 minutos.
 

Valdoviño acolleu a xornada “Colaborando coa seguridade no alzhéimer”

Xornada Seguridade Alzhéimer Valdoviño
Seguridade Alzhéimer Valdoviño

Baixo o título “Colaborando pola seguridade no alzhéimer e outras demencias”, AFAL levaba a cabo onte á tarde en Valdoviño un programa pioneiro dirixido ós profesionais que velan pola seguridade cidadá. Unha iniciativa que contou coa colaboración do Concello, declarado Municipio Solidario co Alzhéimer.
 

Os maiores de Valdoviño dan a coñecer como se divertían na súa mocidade na última sesión de “Lecturas compartidas”

Lecturas compartidas Valdoviño
Imaxe Lecturas compartidas Valdoviño
Vista da sesión de Lecturas compartidas Valdoviño

O programa “Lecturas compartidas” que promove o CPI Atios en colaboración co Concello de Valdoviño celebrou esta mañá a súa derradeira sesión no curso.
 
E fíxoo na Casa da Cultura, cos nenos e nenas que cursan 3º curso de Educación Primaria e persoas maiores de todas as parroquias, así como aquelas que acudiron ós talleres de estimulación cognitiva promovidos polo Concello ó longo do ano e moitos pais e nais dos alumnos protagonistas da sesión desta mañá.
 

Páxinas

Subscribirse a noticias