O Océano Surf Museo, sede dos cursos de formación da Federación galega

Océano Surf Museo

Tal e como avanzara o alcalde, Alberto González, o Océano Surf Museo non se quedará nunha exposición permanente sobre a historia e o presente do surf. Amáis de promover mostras temporais, o rexidor deixaba claro que o auditorio da Casa da Cultura permitiría ampliar as posibilidades do museo coa organización de conferencias, congresos, ciclos de cine ou música… e este mesmo mes o Concello pon en marcha esa intención. O Océano Surf Museo acollerá os primeiros cursos de formación promovidos pola Federación Galega de Surf en colaboración con Costa das Ondas.

Kiko Pastur trae a Valdoviño Somorgujo, o seu último espectáculo de maxia

O mago Kiko Pastur

O gran ilusionista galego Kiko Pastur ofrecerá mañá sábado en Valdoviño o seu último espectáculo, «Somorgujo », un show case impronunciable de maxia de salón. A función terá lugar no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 19 horas e entrada libre e de balde ata completar aforo. Está incluída na Rede Cultural da Deputación provincial.
 
Kiko Pastur presenta unha obra de maxia inclasificable e dirixida a todos os públicos, onde son os espectadores os protagonistas de obrar o imposible. 

Concello e movemento asociativo celebran a VIII Xuntanza Solidaria de Nadal

Cartel VIII Xuntanza Solidaria de Nadal

Un ano máis, e xa van oito, Concello e entidades veciñais e culturais do municipio unen esforzos na organización da Xuntanza Solidaria de Nadal. Unha cita coa que se busca recadar xoguetes para aquelas familias con menos recursos de Valdoviño. Celebrarase este domingo 10 de decembro, a partir das 16,30 horas, na Casa da Cultura. En lugar de entrada, a veciñanza pode poñer o seu graniño nesta causa solidaria entregando algún xoguete. Neste senso, solicítase que, en caso de ser de segunda man, esté en bo estado e, especialmente, non sexa violento nin sexista.
 

Valdoviño invita á cidadanía a coñecer nesta ponte festiva o Océano Surf Museo

Océano Surf Museo

O Concello de Valdoviño invita á cidadanía a aproveitar estes días festivos para coñecer o Océano Surf Museo, o primeiro de España adicado ó surf. Nesta liña, o alcalde, Alberto González, apunta que a entrada é gratuíta e as instalacións abrirán as súas portas o mércores, Día da Constitución, e o venres, Día da Inmaculada Concepción, de 12 a 14 e de 16 a 19 horas, así como o sábado e domingo neste mesmo horario. O xoves permanecerá aberto de 10 a 14 horas.
 

Julio Varela presenta este martes en Valdoviño o seu primeiro libro de poemas “Sueños en la playa”

O escritor ferrolán Julio Varela presentará mañá martes, 5 de decembro, o seu primeiro libro de poemas, titulado « Sueños en la playa », na Casa da Cultura de Valdoviño. No acto estará acompañado do xornalista e crítico literario Nicolás Vidal e de Francisco Rodríguez, de Edicións Embora. Dará comezo ás 20 horas con entrada libre.
 

A igrexa de Lago albergará este domingo o concerto “Románticos e románticas galegos”

Igrexa de Lago

O programa municipal “Escenarios Paralelos” continúa ofrecendo novidosas propostas culturais en espazos alternativas á Casa da Cultura. Neste caso, o escenario paralelo elixido será a igrexa de Lago. Alí principiará este domingo, a partir das 18 horas, o espectáculo para voz e piano “Románticos e románticas galegos”, a cargo da compañía Vento Dolce. A entrada, como é habitual, será gratuíta e a actuación conta co apoio da Deputación, a través da Rede Cultural.
 

O Concello informa da apertura do prazo para solicitar as estancias para persoas maiores do programa Termalismo

Cartel Termalismo

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Servizos Sociais, informa da apertura do prazo para solicitar as estancias do programa Termalismo do IMSERSO. Un programa dirixido ás persoas pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente; de viudedade con 55 ou máis anos ; por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 ou máis anos, ou ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con 65 ou máis anos de idade.

Xuntanzas veciñais este fin de semana en Sequeiro, Vilarrube e Vilaboa

O Concello de Valdoviño concluirá este fin de semana o calendario de xuntanzas veciñais organizado nas diferentes parroquias do municipio para coñecer de primeira man as propostas de veciños e veciñas para a localidade. Un calendario que se iniciaba o pasado 22 de novembro en Aviño e continuaba en sucesivas xornadas en Valdoviño, Pantín, Meirás, Lago e Loira.
 
Este sábado será o turno de Sequeiro –local veciñal 12 horas- e Vilaboa –local veciñal, ás 18 h-, e o domingo, de Vilarrube –local veciñal ás 12 h-.
 

O Concello realizará obras de mellora nos locais sociais de Aviño e Loira cunha achega de Deputación

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a licitación das obras de mellora dos locais sociais de Aviño e Loira. Estas obras, incluídas no Plan Único (POS+ 2017), contan cun orzamento de 75.000 euros, e servirán para mellorar ambos os dous centros, e para ofrecer un mellor servizo aos numerosos veciños que os usan para a realización de actividades.

Valdoviño abre as portas do primeiro Museo do Surf de España este venres

Exterior do Océano Surf Museo

España contará, dende este venres, 1 de decembro, co seu primeiro museo adicado ó surf. O Concello de Valdoviño inaugura a partir das 20 horas o Océano Surf Museo, unhas instalacións pioneiras que marcan un novo hito do municipio na súa especial vinculación co surf e a súa historia no noso país. O alcalde, Alberto González, presidirá o acto, no que terán un papel destacado Vicente Irisarri e Jesús Busto, do Océano Surf Club e almas mater do proxecto que, ó longo deste último ano, traballaron codo con codo co Concello para facer realidade o que naceu como un soño.

Páxinas

Subscribirse a noticias