O Concello da luz verde ao Programa de Educación e apoio familiar

O  Concello, a través do Departamento de Servizos Sociais, pon en marcha o esperado Programa de Educación e apoio familiar, instaurado a través do Plan de convenios de Servizos Sociais da Deputación Provincial da Coruña. O Programa concíbese como un servizo educativo e psicosocial de prevención, intervención e apoio dirixido ás familias de toda a comunidade. Ten como finalidade promover a calidade de vida e o benestar social das familias e dos membros que a integran.

Consulta do censo electoral

En virtude do establecido na modificación da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, establecida pola Lei Orgánica 1/2003, de 10 de marzo, o Concello porá a disposición pública a consulta do censo electoral deste Concello, por medios informáticos e unha relación das mesas electorais, nas oficinas municipais, Negociado de Estatística, do 3 ao 10 de setembro inclusive, podendo dentro de dito prazo consulta-lo censo e presentar se procede reclamación.
 
Hai un teléfono de chamada gratuíta: número 901 101 900.

O Concello de Valdoviño contará con un/ha Técnico/a de Orientación Laboral

O Concello de Valdoviño vai contratar neste mes de setembro un/ha Técnico/a de Orientación Laboral ao abeiro dunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar. Este profesional levará a cabo actuacións e medidas de información, acompañamento, motivación e asesoramento que, tendo en conta as circunstancias persoais e profesionais dos demandantes de emprego, lle permitan determinar as súas capacidades e intereses e xestionar a súa traxectoria individual de aprendizaxe, a busca de emprego ou a posta en práctica de iniciativas empresariais.
 

Milla urbana Concello de Valdoviño

O domingo 2 de setembro celebrarase a I Milla urbana Concello de Valdoviño, cun percorrido polo paseo da lagoa de Valdoviño.
 
A inscrición é gratuíta e debe realizarse antes das 21:00 horas do día 25 de agosto no enderezo de correo fgaferrol@gmail.com ou na web da Federación.

REMATA CON ÉXITO A PRIMEIRA ACTIVIDADE DE "VERÁN SAUDABLE: TAI-CHI"

O pasado día 16 deuse por finalizada a primeira actividade do Programa "Verán Saudable". 21 persoas asistiron con éxito ao curso estival de Tai-chi organizado polo Concello.
 
 

Aberto o prazo de inscricións para a Baixada de Carrilanas

XVI Baixada de Carrilanas

Entre o 10 e o 12 de agosto terá lugar unha nova edición da Baixada de Carrilanas a San Mamede, Gran Premio Concello de Valdoviño. Os interesados en participar na proba, da que xa se cumpren dezaseis edicións, poden inscribirse ata o vindeiro venres 3 de agosto na web da FEDEI.
 
Aquí deixámosvos un díptico (en formato pdf) co programa da proba e na web da Baixada de Carrilanas podedes atopar máis información.

O Coro da Rá en concerto

Ás oito do serán deste domingo Valdoviño acolle "No nos importa a fama", un concerto do Coro da Rá. Para aqueles que aínda non coñezan esta proposta tan recomendable, o propio grupo preséntase neste vídeo.
 
A actuación, programada dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña, celebrarase no paseo da praia da Frouxeira (ou no auditorio da Casa da Cultura se as condicións meteorolóxicas son adversas).

Valdoviño en Ruta

Co obxectivo de incentivar o coñecemento da riqueza de espazos naturais e co propósito de permitir aos veciños disfrutar do contacto coa natureza e fomentar a práctica do sendeirismo, o Concello de Valdoviño pon en marcha o programa "Coñece Valdoviño: en ruta", que comeza co percorrido de tres itinerarios o último domingo dos meses de xullo, agosto e setembro.
 

Convocatoria extraordinaria do "Programa de Benestar en Balnearios"

A Consellería de Traballo e Benestar abre un prazo extraordinario para solicitar estadías en balnearios. O prazo é do 23 ao 27 de xullo incluídos.
Máis información e solicitudes no departamento de Servizos Sociais municipais ou no teléfono 981487041 ext. 5

Bando de prevención e defensa contra os incendios forestais

O alcalde de Valdoviño, José Antonio Vigo Lago, lembra nun bando publicado este martes "as obrigas dos propietarios das parcelas incluídas nas faixas de especial protección de núcleos que deberán cumprir coas obrigas da xestión do combustible vexetal (tala e roza) nas fincas que se atopen a unha distancia inferior a 100 metros arredor de calquera núcleo poboacional, edificación, urbanización, depósito de lixo, cámping, instalacións recreativas, obras, parques e instalacións industriais e, nos 50 metros dende o límite da propiedade, non poderá haber nin piñeiros, ecucaliptos

Páxinas

Subscribirse a noticias