Programa galego de detección precoz do cancro de mama

A Dirección Xeral de Saúde Públia da Consellería de Sanidade ven desenvolvendo desde o ano 1992 o Programa galego de detección do cancro de mama coa finalidade de reducir a mortalidade nun 25% entre as mulleres ás que vai dirixido o Programa.
 
Vai dirixido ás mulleres de 50 a 64 anos residentes en Galicia. Para o Concello de Valdoviño o Programa comezará o 2 de xullo de 2012.
 
O Procedemento para a participación no Programa é o seguinte:

Mesa de contratación do servizo de salvamento e socorrismo

Cinco empresas presentaron a súa proposición para realizar o servizo de salvamento e socorrismo en determinados areais do Concello. Trala apertura dos sobres "A" e a solicitude de documentación complementaria, a Mesa de contratación reunirase novamente ás 13:15 do vindeiro venres para realizar a apertura das ofertas económicas.
 
Máis información sobre a licitación: Servizo de salvamento e socorrismo 2012.

Convocadas dúas prazas de socorrista para a piscina

Unha vez Aberta a contratación do servizo de salvamento e socorrismo, o Concello convoca dúas prazas de socorrista para a piscina municipal. Este procedemento xestionase a través do Servizo Público de Emprego de Galicia, co que os interesados deberán contactar se desexan obter máis información.
 

Aberta a contratación do servizo de salvamento e socorrismo

O BOP deste venres publica o anuncio de licitación do contrato de servizo de salvamento e socorrismo en determinados areais do Concello de Valdoviño. Este procedemento ten un orzamento máximo de 120.000 euros e un prazo de presentación de propostas de 8 días naturais dende este sábado.
 
Os pregos e máis información en Servizo de salvamento e socorrismo 2012.

Valdoviño mantén as cinco Bandeiras Azuis

Valdoviño contará un ano máis con cinco Praias galardoadas coa Bandeira Azul, logo de que O Río, A Frouxeira, Pantín, O Baleo e Vilarrube mantivesen a súa distinción para este ano 2012.

I Ruta senda litoral Ferrol-Valdoviño

O domingo 17 de xuño celebrase a I Ruta senda litoral Ferrol-Valdoviño, organizada por Converxencia Galega e Unidos por Valdoviño coa colaboración do Concello.
 
A xornada comezará ás nove da mañá, coa saída dun autobús da Porta do Sol. A recollida de participantes continuará na Cooperativa de Lago (ás 09:05 horas) e na Cooperativa de Meirás (ás 09:10 horas), desprazándose ata a praia de Ponzos, onde contra as 09:30 horas se iniciará a ruta.

Verán saudable: Tai-chi

Verán saudable: Tai-chi

O Concello de Valdoviño organiza para este verán sesións de tai-chi dirixidas a maiores de 55 anos (que non teñan problemas de saúde que dificulten a práctica de exercicio físico).
 
Esta actividade é gratuíta e celebrarase do 17 de xullo ao 16 de agosto, os martes e xoves, de 11:30 a 13:00 horas.
 
Os interesados en practicar o tai-chi poderán inscribirse dende o 11 de xuño ata o 11 de xullo no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981487041 - ext.5. As prazas son limitadas e serán adxudicadas segundo a orde de inscrición.

A concentración moteira de Fojeteiros visita Valdoviño

Concentración moteira Fojeteiros 2012

Valdoviño acollerá este domingo, 3 de xuño, aos participantes na VII Concentración moteira "Cidade de Narón" - II Xornadas de Turismo Activo, organizada un ano máis polo Moto Club Fojeteiros.
 
O evento, que conta coa colaboración do Concello de Valdoviño, comeza o venres ás seis do serán e inclúe entre as actividades organizadas unha ruta polo noso municipio.
 

Xuntanza de maiores do Carballiño

O Concello de Valdoviño participará un ano máis na Xuntanza de maiores do Carballiño, organizada pola delegación territorial da Xunta de Galicia en Ourense, a través da xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar.
 
A XXXIV edición celébrase o día 9 de xuño no lugar habitual (Parque Municipal do Carballiño).
 

Páxinas

Subscribirse a noticias