Musicoterapia - Programa de Envellecemento Activo "Envellecemento Cero II"

Dentro do programa de Envellecemento Satisfactorio, subvencionado pola Deputación da Coruña, o Concello de Valdoviño dase continuidade aos obradoiros de Musicoterapia, dirixidos a persoas de máis de 55 anos.
 
A musicoterapia é unha ferramenta terapéutica que se sirve da música, os sons e as vibracións para optimizar as canles de comunicación, a aprendizaxe, a memoria, a motricidade e a expresión, dende unha perspectiva preventiva e rehabilitadota, co fin de mellorar a nosa calidade de vida.
 

Contratación de mellora da eficiencia enerxética en iluminación pública no concello

O Concello de Valdoviño licita a contratación do servizo de mellora da eficiencia enerxética en iluminación pública do concello de Valdoviño, incluído no Fondo e Compensación Ambiental.
 
Toda a información sobre este trámite está dispoñible no perfil de contratante da web: Mellora da eficiencia enerxética en iluminación pública no concello de Valdoviño.

Talleres para a xuventude

O Concello de Valdoviño organiza dous talleres gratuítos para a xuventude: un de iniciación ao stop motion e outro de webseries. Para participar nestes obradoiros é preciso inscribirse na Casa da Cultura ou chamando ao teléfono 981 487 666.
 
Taller de iniciación ao stop motion
Realización dunha pequena peza de stop motion con bonecos de plastilina.
Lugar : Casa de Cultura do Concello de Valdoviño.
Calendario e horario : 24, 26, 29 e 30 de setembro e 1 de outubro . De 17:00 a 19:00 horas.

III Milla urbana de Valdoviño

Cartel da proba

O domingo 21 de setembro celébrase a III Milla urbana de Valdoviño. A proba terá lugar no Paseo da Lagoa, a partir das 11:00 horas.

 

As inscricións poden realizarse ata o 17 de setembro na web da Federación Galega de Atletismo.
 
A proba pertence ao Circuíto de carreiras populares Deputación da Coruña e conta coa colaboración de Concello de Valdoviño, Deputación da Coruña, CocaCola e Publimaxe.

 

XV Andada a Santo André

O Concello de Valdoviño organiza para o derradeiro domingo do mes de setembro a XV Andada a Santo André de Teixido. A saída camiñando será dende A Rocha, ás 08:00 horas.
 
Unha semana antes, o domingo 21, celebrarase a III Milla urbana de Valdoviño.
 
As inscricións para a camiñada a Santo André poden realizarse os días 18, 19, 22, 23 e 24 de setembro, de 09:00 a 13:00 horas na Casa de Cultura, ata completar prazas.
 

Contratación da instalación de iluminación exterior do concello

O Concello de Valdoviño licita a contratación do servizo de renovación da instalación de iluminación exterior municipal.
 
Toda a información sobre este trámite está dispoñible no perfil de contratante da web: Renovación de instalación da iluminación exterior do concello.

Ordenación vial Pantín Classic 2014

Durante os días 29, 30 e 31 de agosto, debido á celebración na praia de Pantín da XXVII edición do Campionato do Mundo de Surf Pantín Classic Galicia PRO 2014, comunícase que se procederá á ordenación das direccións circulatorias permitidas para poder aceder á praia de Pantín, co obxecto de evitar colapsos circulatorios.
 
O sentido de circulación do tráfico quedará do seguinte xeito:
- Igrexa de Pantín-Ariño: dirección única, sentido Ariño.

Cinema ao aire libre: "Frozen"

Frozen

Hoxe venres 22, ás 22:00 horas, proxectarase Frozen, premiado este ano co Óscar ao mellor filme animado.
 
Será, como sempre, na Praza da Casa da Cultura, ou no auditorio se chovese. Entrada libre.

Contratación nova estación de bombeo no Golpiño

A Xunta de goberno local do Concello de Valdoviño acordou o inicio do expediente de contratación da obra incluída no POS 2014 da Deputación Provincial da Coruña de denominación Nova estación de bombeo no Golpiño por incorporación de seis novos bombeos en Meirás, Lago e Sequeiro.
 
Toda a información sobre este procedemento está dispoñible no perfil de contratante da web: Nova estación de bombeo no Golpiño.

 

Tramitación de cambios en Tráfico dende o Concello

O Concello de Valdoviño e a Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña veñen de asinar un convenio de colaboración sobre o cambio de domicilio nos rexistros de conductores e vehículos da Dirección Xeral de Tráfico.
 
Dende o día 20 de agosto os veciños deste concello que desexen tramitar cambios de domicilio nos mencionados rexistros poderán facelo de forma gratuíta nas oficinas municipais, onde se lles facilitará o impreso correspondente, que tamén se pode descargar dende esta mesma web.

Páxinas

Subscribirse a noticias